A Xunta debe dar conta da desaparición da Atención á Dependencia dos Orzamentos do Estado

A Xunta debe dar conta da desaparición da Atención á Dependencia dos Orzamentos do Estado

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, esixiu hoxe á Xunta que dea conta no Parlamento de Galicia das repercusións para Galicia da desaparición dos fondos para atención á dependencia decretada por Rajoy. A responsable socialista presentou unha interpelación na que reclama ao goberno que explique qué medidas vai tomar diante destes recortes.

Sestayo sinalou que Feijóo puxo á Lei de Dependencia “en agonía” e Rajoy “sentenciou o seu final” borrando “dun plumazo e sen escrúpulos” unha Lei que garante dereitos das persoas e a cohesión social. Advertiu que a consecuencia real desta decisión é que “persoas reais, e non meras cifras como pretende facer crer a dereita, están quedando sen axuda a domicilio, sen servizos públicos e condenadas á soidade e ao ostracismo”.

Sinalou que “do mesmo xeito que Feijóo incumpriu as súas promesas electorais en materia de dependencia, Rajoy fixo exactamente o contrario do comprometido”. Sinalou así que o primeiro Consello de Ministros do PP “atrasábase e suspendíase a vixencia de novos tramos da Lei da dependencia”, recortando totalmente os dondos acordados coas autonomías das dotacións para garantir a atención á dependencia.

Criticou que “fronte a estas severas medidas nas políticas sociais da dereita, o goberno de Feijóo non fixo ningunha consideración nin reivindicación para a defensa da atención á dependencia”, mentres as listas de espera teñen crecido nun 400 por cento en Galicia. Explicou que esta situación está a asfixiar ademais aos concellos, que están a adiantar os custes para atender aos veciños e veciñas “malia non ter a obriga legal”.

A responsable socialista reclámalle á Xunta que dea conta das repercusións en Galicia destes recortes, así como as medidas previstas ao respecto, o número de persoas dependentes que se verán afectadas e as chamadas feitas “no seu caso” para rectificar estes recortes.

Esixiu unha rectificación “porque os dramas de moitas persoas en Galicia non se contan con tazas de café, como frivoliza a dereita, e poden evitarse simplemente cunha administración pública que funcione”.

Ineficacia na xestión

Sestayo acusou a Feijóo de ter agochado deliberadamente a súa falla vontade política cunha Lei que “non é do seu agrado” máis preocupado en “xustificar a súa propia ineficacia de xestión nunha suposta escaseza de recursos” para facer fronte á dependencia en Galicia nunha “estratexia cansa de afanarse pola autoexculpación de calquera responsabilidade sobre cuestións competencia da Xunta de Galicia”.

Lembrou que, no caso de Galicia, ata o ano 2011 o financiamento procedía nun 70 por cento de fondos do Estado e o 30 por cento era aportado pola Xunta, os usuarios e usuarias e finalmente polos concellos, malia que estes últimos carecen de obriga legal.

Sinala que, logo de terse incrementado as partidas sucesivamente cos gobernos de Zapatero, o recorte drástico do goberno central vense unir aos recortes dos diversos orzamentos de Feijóo, que deixa nunha situación de “absoluto abandono” aos galegos e galegas mais vulnerables.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar