A Xunta debe dar cobertura económica a tódolos servizos do Plan Concertado

A Xunta debe dar cobertura económica a tódolos servizos do Plan Concertado

A parlamentaria socialista, Beatriz Sestayo, presentou unha moción para o seu debate no vindeiro Pleno e pola que se insta á Xunta a Garantir a cobertura de todos os servizos municipais integrados no Plan Concertado de Servizos Sociais, mediante un financiamento axeitado, que non sexa, ao menos inferior ao de 2009.

A portavoz de Servizos Sociais do Grupo Parlamentario Socialista exise tamñen a derrogación do Decreto de Servizos Sociocomunitarios, manter a estrutura financeira do Plan Concertado.

A moción socialista esixe tamén do Executivo galego que se prioricen as políticas de servizos sociais e atención primaria e especializada dentro do orzamento autonómico e nas políticas de actuación da Xunta de Galicia, en colaboración cos concellos.

A deputada do PSdeG-PSOE acusa ao Goberno galego de “estar a abrir unha fenda social”, co recorte aos concellos do 80% do Plan Concertado de Servizos Sociais. Alerta que esta situación conduce indefectiblemente á imposibilidade de desenvolver os servizos sociais municipais, que son “imprescindibles para unha sociedade xusta e solidaria”.

Sestayo atribúe os recortes tanto en Servizos Sociais como en Sanidade e Educación á “ideoloxía ultraliberal” do Executivo de Núñez Feijóo e do Goberno de Rajoy.

Arremete a deputada socialista contra as medidas impulsadas desde o departamento de Beatriz Mato. Afirma que cando goberna o PP procuran abrir unha fenda social, dividindo a sociedade “entre ricos e pobres, entre amos e escravos”.

“Por iso recortan a axuda a domicilio” acusa Sestayo, porque as persoas que teñen que pagar o 90% por un servizo público non poderán acceder a el. Por iso 24.951 dependentes, cos seus dereitos recoñecidos, non cobran a prestación. Por iso eliminan os equipos de inclusión social, que atendían a 6.000 familias en risco de pobreza. Por iso a Xunta paga o RISGA con unha demora de sete meses.

Acusou ó Goberno de Feijóo de ter destruído “aquelas políticas de inserción que facían vivir en condicións de igualdade a persoas e familias en risco de exclusión social”. Dirixíndose á Conselleira de Traballo e Benestar, recriminoulle que estas persoas queden á marxe do sistema, “ás colas dos bancos de alimentos, que por certo, xa non chegan”, dixo.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Os comentarios están pechados.

Pechar