A Xunta debe dar a cara no conflito dos vendedores ambulantes

A Xunta debe dar a cara no conflito dos vendedores ambulantes

A Xunta debe dar a cara no conflito dos vendedores ambulantes

MercadilloA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, esixiulle hoxe ao máximo responsable da Xustiza no goberno galego, o conselleiro Alfonso Rueda, que “dea a cara” para resolver o conflito entre vendedores ambulantes do sur de Pontevedra. Gallego urxiu á intervención dos corpos e forzas de seguridade do Estado, da Policía Autonómica e da fiscalía.

Reclamoulle a Xunta e goberno central que “actúen con celeridade, contundencia e eficacia” para resolver o conflito entre vendedores ambulantes do sur de Pontevedra. A responsable socialista alerta do “elevado risco” para os implicados e o conxunto da cidadanía dun problema que “ten derivado mesmo nun tiroteo cunha persoa ferida por bala a pasada semana”.

Apunta que “hai vidas en xogo, familias ameazadas, pequenos que non poden acudir aos centros educativos e mesmo responsables políticos que se enfrontan a ameazas si autorizan os mercadillos”. Un problema de primeira orde, dixo, no que o goberno galego “non pode mirar para outro lado” mentres os alcaldes e alcaldesas quedan desamparados e obrigados a decidir sobre os mercadillos, asumindo unha responsabilidade que non é súa”.

Sinala que “anular os mercadillos é unha mala noticia tanto para os concellos nos que se celebran como para os que pretenden impedir o traballo en liberdade a través de ameazas e extorsións”. Considera “incomprensible a actitude dos gobernos galego e central e da fiscalía, limitándose a dar por bo un pacto de cabaleiros coas dúas faccións enfrontadas que se demostrou inservible e fora de lugar”.

O goberno galego, engade, “ten que plantarse, pedir o auxilio das forzas de seguridade do Estado e garantir a actividade para evitar que os que ameazan e extorsionan acaden co seu obxectivo e paralicen os mercadillos”. Subliñou que “queremos ver actuar á policía e á xustiza e que caia todo o peso da Lei sobre os que ameazan”.

Sinala que “o que ten que facer a fiscalía e os demais axentes públicos é investigar os feitos e castigar a quen delinque, e non pretender dar por arranxada esta gravísima situación con apretóns de mans”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar