O PP négase a cumprir coa norma da UE que remata coa discriminación nas indemnizacións dos traballadores temporais

O PP négase a cumprir coa norma da UE que remata coa discriminación nas indemnizacións dos traballadores temporais

O PP négase a cumprir coa norma da UE que remata coa discriminación nas indemnizacións dos traballadores temporais

O portavoz de Administración Pública do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, lamentou o veto do PP á proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta que cumpra coas sentenzas do Tribunal da UE que rematan coa discriminación nas indemnizacións dos traballadores temporais. O responsable socialista demandoulle á Xunta un “modelo de emprego público estable e de calidade” para Galicia.

O PP rexeitou hoxe, na votación final, unha transacción acordada entre os tres grupos da oposición, negándose a abrir en Galicia a mesa de diálogo social para reverter a precariedade laboral e o mesmo día en que o propio Rajoy admitía en Madrid a necesidade de aplicar a sentenza.

Dixo que o Tribunal de Xustiza da UE vén de sinalar a discriminación que padecen os contratos temporais, que de acordo coa normativa estatal tan só poden aspirar a unha indemnización de 12 días por ano traballado, fronte aos 20 dos contratos indefinidos e os “cero” dos interinos.

A normativa comunitaria sinala que a temporalidade do contrato nada ten que ver coa indemnización, e mesmo apunta que os interinos tamén teñen dereito a unha compensación.

Os socialistas galegos lembran que as políticas de contratación da Xunta provocaron que Galicia aumentara un 50 por cento en Galicia, con entre 10.000 e 15.000 contratos de interinidade asinados entre 2011 e 2015, e que no Estado actualmente hai 300.000 contratos de interinidade, o 20 por cento nos sectores de Ensino e Sanidade.

Explicou que as recentes sentenzas do Tribunal de Xustiza da UE que botan por terra por unha banda a política laboral imposta pola Xunta no sector público, ao desbotar a contratación de eventuais para ocupar postos estruturais na sanidade, por exemplo.

Criticou que o goberno galego manteña un “réxime laboral discriminatorio” de non aplicar as novas sentenzas polo Goberno galego e reclaman a restauración da estabilidade no emprego público, así como unha nova reforma laboral que recupere o diálogo social e a negociación colectiva.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar