A Xunta debe cooperar e non distorsionar nas xestións do Goberno central para resolver o tax-lease

A Xunta debe cooperar e non distorsionar nas xestións do Goberno central para resolver o tax-lease

A Xunta debe cooperar e non distorsionar nas xestións do Goberno central para resolver o tax-lease

O portavoz de Economía, Industria e Innovación do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Luis Méndez Romeu, esixiu á Xunta “cooperación e non distorsión” diante das xestións do goberno para resolver coa UE a problemática xerada coas bonificacións fiscais ao naval –tax lease-.

O parlamentario socialista advirte que as “declaracións irresponsables e alarmistas” vertidas polo conselleiro de Economía e Industria resultan “absolutamente prexudiciais para o sector e crean unha alarma innecesaria no sector financeiro que pode poñer en perigo o sistema”.

Méndez Romeu sinalou que esta confianza supón un factor fundamental para o funcionamento dun sistema no que participan os armadores, entidades financeiras e estaleiros.

Sinalou que o Goberno central, a través do Ministerio de Economía e Industria, “está a traballar para manter o sistema vixente, como ocorre cos demais países comunitarios, co que “sería importante que o Goberno galego e o PP atenderan ás demandas do Executivo central e amosara vontade de cooperación”.

Explicou que en calquera caso a situación “non vai afectar á contratación de novos buques porque se resolverá nun prazo “relativamente curto” de tempo”. Ademais, engadiu que o Executivo central “está estudando nestes momentos a situación dos contratos vivos –os buques en construción- suxeitos a estas bonificacións” para ofrecer unha resposta idónea.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar