A Xunta debe comprometerse coa declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade

A Xunta debe comprometerse coa declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade

A Xunta debe comprometerse coa declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade

A deputada socialista Concepción Burgo reclamou hoxe “un compromiso claro da Xunta en sede parlamentaria coa declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade. Burgo presentou unha pregunta oral no Pleno celebrado hoxe sobre a retraso nos trámites para levar adiante a declaración, unha iniciativa que se remonta ao ano 2013.

A responsable socialista cuestionou a “suposta complexidade in crescendo” que alega o goberno galego para adiar os trámites “de semestre en semestre”. Lembrou que a primeira data comprometida remitíase a finais de 2015, a continuación pasaron ao verán de 2016, despois a finais de ano e “agora apuntan ao verán de 2017”.

Reclamou por iso un “compromiso claro en sede parlamentaria de que van colaborar e de que están comprometidos coa declaración” porque, sinalou, “non podemos agardar máis tempo”. Engadiu que “ademais de facer o seu traballo deben responder fronte ás institucións”, e lembrou a incomparecencia do goberno galego a unha xuntanza coa Deputación Provincial de Lugo, para “non explicar en qué momento estaba o expediente”.

Burgo sinalou que este “espazo singular” debe seguir os pasos da rexión vitícola do Alto Douro, xa declarada Patrimonio da Humanidade, para o que precisa en primeiro lugar da súa catalogación formal como Ben de Interese Cultural –BIC-, un trámite que depende do goberno galego e que este resístese a iniciar.

Acusou á Xunta de desbotar o impulso político iniciado polas deputacións provinciais de Lugo e Ourense, que en 2013 “aparcaron as súas diferenzas políticas” para acordar un convenio que impulsara a declaración da zona como Patrimonio da Humanidade. Dixo que a declaración “pode dar impulso a unha zona cunha grave regresión demográfica” e que constitúe “un dos centros de desequilibro territorial de Galicia”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar