A Xunta debe comezar xa a aplicar o tratamento de hepatite C

A Xunta debe comezar xa a aplicar o tratamento de hepatite C

A Xunta debe comezar xa a aplicar o tratamento de hepatite C

VacinaO deputado socialista Pachi Vázquez reclamoulle hoxe á Xunta que aplique o novo tratamento contra a hepatite C “cando menos a 300 pacientes no que resta de 2014”. Vázquez presentou unha pregunta ao Parlamento para que a Xunta explique a cántos galegos e galegas lles ten aplicado un tratamento que malia ao seu elevado custe soluciona o problema desta enfermidade potencialmente mortal.

O parlamentario socialista lembrou que este tratamento, que custa 25.000 euros, cura ao 95 por cento dos casos dunha enfermidade que padecen 30.000 galegos e galegas, dos que se estima que morren cada ano 500. Actualmente o goberno galego dispón dun teito de gasto para 2014 de 7,5 millóns de euros para estes tratamentos a cargo do goberno central, o que permitiría atender como mínimo a 300 pacientes.

Sinalou que a propia ex ministra de Sanidade, Ana Mato, anunciara en Galicia, no pasado mes de setembro, que o tratamento sería aplicado e que había 300 pacientes que o necesitan urxentemente.

Reclamoulle unha “mensaxe de esperanza” para os milleiros de galegos e galegas que padecen esta enfermidade e que “non entenden por qué” o goberno non inviste os seus orzamentos cando “hai xa ata 3 medicamentos que, si se aplican, -os doentes- viven”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar