A Xunta debe axudar aos gandeiros afectados pola seca

A Xunta debe axudar aos gandeiros afectados pola seca

A Xunta debe axudar aos gandeiros afectados pola seca

A portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Sonia Verdes, reclamou hoxe á Xunta que aprobe de xeito urxente axudas directas para as explotacións agrogandeiras afectadas pola seca. A responsable socialista advirte que de manterse esta situación no verán obrigará a substituír forraxes por pensos, aumentando os gastos e reducindo os ingresos nun 35 por cento.

Verdes presentou unha Proposición non de Lei no Parlamento para que a Xunta poña en marcha de xeito urxente medidas destinadas a paliar esta “grave situación” e garantir a viabilidade para facer fronte ás consecuencias da seca. Reclama así axudas directas “para garantir que as axudas poidan chegar á axuda máxima permitida pola normativa comunitaria de mínimis”.

Propón tamén que “se poñan en marcha liñas de financiamento cunha carencia especial nos préstamos dos plans de mellora nos que ten compromisos a Xunta de Galicia no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2007/2013”. Tamén solicita unha liña urxente de préstamos brandos para o aprovisionamento de forraxes, permitindo cubrir o déficit de forraxe antes do previsible incremento dos prezos.

Os socialistas galegos solicitan a creación dun observatorio da evolución dos prezos da cadea de produtos agroalimentarios que permita apoiar con datos inmediatos e obxectivos os incrementos dos custes de produción. Esta medida permitiría “adoptar as medidas necesarias que contribúan á mellor regulación do sector, eviten distorsións e permitan reforzar a posición do sector produtor na cadea de valor”.

Ademais, a portavoz de Agricultura solicita “medidas realmente efectivas a fin de permitir a mobilidade de terras e a ampliación da base forraxeira das explotacións a través do verdadeiro impulso dos procesos de concentración parcelaria e do Banco de Terras, para o que se achegará a suficiente dotación económica nos orzamentos da Xunta de Galicia”.

Finalmente, reclama a resolución das axudas pendentes e axilizar os pagamentos  pendentes dos gandeiros e gandeiras, nomeadamente naquelas convocatorias mais atrasadas dos plans de mellora e do CES.

Consecuencias da seca

Verdes presentou unha batería de iniciativas sobre a situación do sector afectado pola forte seca que tivo lugar durante a primavera, que reduciu a produción forraxeira das pradeiras nun 40 por cento, cunha produción de silos de calidade pero de escasa cantidade. Ao tempo, explica, se viron reducidos os pastos e a colleita de herba seca e, se a situación se mantén no verán, afectará de xeito importante ao millo.

Esta produción de millo é o principal cultivo forraxeiro das explotacións de leite, e unha vez que se consuman os silos os gandeiros veranse obrigados a mercar os alimentos necesarios para cubrir os déficits de forraxe, co que terán que afrontar un sobrecusto de 1.200 euros mensuais sen incrementar o prezo, co que os ingresos caerán nun 35 por cento neste ano.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. Delfín Feal Pereira
    Xullo 23, 2011 a 17:29

    Toda iniciativa encamiñada a que a adminitración se implique no sector agrícola-gandeiro-forestal (e non só para urxir a Alimentos Lácteos a que cambie a súa ‘política’ de entrada no accionariado) é importante e necesaria; eu proporía que co Banco de Terras a Xunta administrara extensións extratéxicamente situadas para abastecer de forraxe e cereais ás explotacións gandeiras galegas; así: manteriamos productivos os terreos (os propietarios obterían unha renta, controlariamos moito máis o tema dos incendios,…), crearíanse postos de traballo (enxeñeir@s, capataces, operari@s, transporte,…), poderíase crear unha marca ‘rexistrada’ de alimentación controlada en orixe (libre de residuos fitosanitarios,..), lograriamos que @s gandeir@s non estivesen ‘tan’ preocupados polo abastecemento de alimentos e poriamos en contacto ao sector gandeiro co agrícola e por que non tamén co forestal.

Deixar a resposta

Pechar