A Xunta debe aumentar o orzamento de cooperación a un mínimo de 6 millóns de euros anuais

A Xunta debe aumentar o orzamento de cooperación a un mínimo de 6 millóns de euros anuais

A Xunta debe aumentar o orzamento de cooperación a un mínimo de 6 millóns de euros anuais

A viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, reclamoulle á Xunta que cumpra co compromiso acadado por tódolos grupos parlamentarios para aumentar o orzamento destinado a cooperación ao desenvolvemento dende o actual 0,04 por cento do orzamento ata o 0,7 por cento. Gallego presentou unha pregunta oral neste sentido na Comisión Institucional do Parlamento celebrada hoxe.

A responsable socialista acusou ao goberno galego de levar co orzamento para cooperación conxelado durante 3 anos nos 4,1 millóns de euros, por debaixo mesmo das cifras do ano 2000 e un 64 por cento menos que os 11,6 millóns que Feijóo atopou en 2009. Estas cifras fan imprescindible aumentar o orzamento ata os 6 millóns de euros anuais para cumprir co compromiso do 0,7 por cento acadado entre os grupos parlamentarios.

Carmen Gallego reclamou un “exercicio de autocrítica” do goberno galego á hora de avaliar a súa política de cooperación e esixiu aumentar o esforzo orzamentario e facer convocatorias plurianuais para garantir a pervivencia e a eficacia dos proxectos iniciados. En contra diso, o PP aprobou en solitario o III Plan Director de cooperación, por primeira vez sen unanimidade dos grupos parlamentarios.

A deputada socialista esixiulle ao goberno galego que institucionalice a súa relación co Fondo Galego de Cooperación, o organismo de cooperación ao desenvolvemento dos concellos galegos.

Estrangulamento orzamentario

O estrangulamento orzamentario aio que o goberno ten sometido ás ONGDs provocou a diminución de mais do 80 pro cento dos cooperantes e do 45 por cento das organizacións, mentres “as que sobreviven o fan mais por orgullo que porque poidan manterse”.

Gallego lamentou que con estas políticas “perdemos cooperantes, proxectos e oportunidades de facer cooperación en moitos países” con persoas con necesidades severas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar