A Xunta debe asumir o sobrecuste polo IVE a avogados e procuradores da Quenda de Oficio

A Xunta debe asumir o sobrecuste polo IVE a avogados e procuradores da Quenda de Oficio

A Xunta debe asumir o sobrecuste polo IVE a avogados e procuradores da Quenda de Oficio

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, instou hoxe ao goberno galego que garanta a exención do IVE para os servizos prestados polos profesionais adscritos á Quenda de Oficio. Vilán presentou unha proposición non de Lei neste sentido no Pleno celebrado hoxe, que foi rexeitada polo PP.

A responsable socialista sinala que a Xunta debe asumir o sobrecuste do IVE non prexudique o financiamento do dereito á xustiza gratuíta, senón que “como moito debe ser detraído do Fondo de Continxencia”. Sinala que a partida orzamentaria para este dereito, xa de por si, reducida, e que recibiu un 11 millóns de euros en 2017, resultaría gravemente prexudicada por unha decisión que suporía un custe de 2 millóns.

Vilán presentou esta proposta logo da decisión da dirección xeral de Tributos do Goberno central, que en xaneiro comezaba a aplicar o IVE a unha actividade que estaba exenta dende hai 30 anos. Logo da iniciativa socialista no Congreso, engadiu, “o ministro Montoro acabou claudicando ao dicir que o IVE sería pagado polas comunidades autónomas e o Ministerio de Xustiza” e non polos profesionais en primeira persoa.

Advertiu que “nos tememos que a intención sexa detraelas dos fondos destinados a financiar o dereito á asistencia xurídica gratuíta, prexudicando á prestación dun servizo que deriva do dereito á tutela xudicial efectiva”, polo que “en ningún caso” debera extraerse dos seus fondos.

Raquíticos honorarios

Explica que a decisión de aplicar o IVE á quenda de oficio “supón reducir aínda máis –un 21 por cento- os xa raquíticos honorarios do baremo da quenda de oficio, ademais do absurdo de ter que emitir facturas” por un servizo que é gratuíto para o cliente. Lembra que as contías que reciben os profesionais adscritos á quenda permanecen conxeladas dende 2009.

Patricia Vilán considera “imprescindible unha mellora no desglose dos conceptos incluídos no baremo de compensación”, xa que hoxe un avogado recibe 591 euros por todo o procedemento do xurado, 350 por un divorcio, 455 por un procedemento “de especial complexidade”, 19 euros por saída a prisión, e “nada” por un procedemento concursal, xa que carece de baremo.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar