A Xunta debe aplicar a sentenza que anula os concertos con centros que segregan ao alumnado por sexo

A Xunta debe aplicar a sentenza que anula os concertos con centros que segregan ao alumnado por sexo

A Xunta debe aplicar a sentenza que anula os concertos con centros que segregan ao alumnado por sexo

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, instou hoxe ao goberno galego a que aplique “nos seus termos” a sentenza do Tribunal Supremo que anula os concertos públicos cos centros educativos que segregan por sexo.

Sinalou que a sentenza restitúe a legalidade conculcada pola Xunta e restablece o principio que impide a segregación educativa por razón de sexo en centros sostidos con fondos públicos. O responsable socialista apunta que o goberno galego “debe traballar en favor da integración dos estudantes e non de mecanismos de segregación por orixe social, xénero ou calquera outro motivo”.

Esta sentenza, sinala, afecta a unha decisión do goberno galego que constitúe “un paso mais na política da Consellería de Educación, que está abrindo conflito tras conflito en servizo dunha visión reaccionaria e clasista e que está destrozando o servizo público de educación”.

Lembrou así a recente sentenza que anulou o concurso de traslados de profesores logo de que a Consellería modificara unilateralmente os baremos do mesmo vulnerando a legalidade estatal.

Nesta mesma liña atópase a supresión de 4.000 postos de traballo, como vén de recoñecer o Ministerio de Administracións Públicas, ou o “escándalo da concesión de libros de texto en edición dixital, que lamina ao sector editorial e cultural galego”, ou “toda a política de recortes que ven aplicando Feijóo aos servizos sociais, nomeadamente no sector educativo.

A consecuencia desta liña política, dixo, é que Galicia hoxe conta con “escandalosas taxas de fracaso e abandono escolar”, como revela o informe Pisa de calidade educativa, que sitúa a Galicia “nunha posición mediocre, afastada das comunidades punteiras do Estado”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar