A Xunta debe anular a Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto

A Xunta debe anular a Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto

A Xunta debe anular a Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, reclamou a anulación do informe da Consellería de Medio Ambiente favorable á Declaración de Impacto Ambiental sobre o proxecto da Mina de ouro de Corcoesto. Vilán preguntou hoxe á Xunta polo proxecto de desvío do río Lourido para mellorar a seguridade das balsas de lodos.

A responsable socialista reclamoulle ao goberno galego que realice un novo informe de Impacto Ambiental “que teña en conta todos os estudos científicos elaborados ata o de agora”, incluíndo o elevado nivel de arsénico no río Anllóns ou a utilización de cianuro para a extracción de ouro. Advertiu que “de non ser así, a Xunta será a única responsable das consecuencias sobre o patrimonio, a poboación, a saúde e o medio ambiente.

A responsable socialista advertiu que a a Xunta respondeu hoxe con “demasiadas inconcrecións, inexactitudes, futuribles que reflicten que a Xunta non podería ter emitido informe favorable á Declaración de Impacto Ambiental”. Lembrou a oposición masiva en contra desta actuación e acusou á empresa de “xogar coa precariedade económica dos veciños de Corcoesto e dos cidadáns en xeral”.

Advertiu que en febreiro a Xunta apuntaba o desprazamento do río Lourido como medida de seguridade, polo que “ha de ser Augas de Galicia quen se vai encargar de autorizar a construción dun canal de 2.700 metros construído da forma mais natural posible e mellorando a situación existente”. Hoxe o director de Augas de Galicia dixo sorprendentemente que o desvío “non é habitual pero tampouco excepcional”

Vilán advertiu que o desvío do río Lourido poderá ter carácter permanente, e preguntou pola resposta de Augas de Galicia diante dunha actuación que afecta a 3 quilómetros do cauce do río. O responsable do ente anunciou que lle reclamara unha garantía específica á empresa “pero aínda non saben cal é”.

Ademais, amosou o seu asombro diante da resposta de Augas de Galicia, que asegurou hoxe ter recibido documentación da promotora da obra, pero que aínda non está completa porque “falta concretar a concreción da actuación”. Ademais, a empresa foi quen fixo unha valoración económica “pero non dixo cánto”, si ben apuntou que a empresa propón 345.000 euros para a elaboración “dun estudo” do desvío do río.

Os socialistas reclaman as “máximas garantías xurídicas e sociais sobre este proxecto diante dos “elevados riscos” que xera o proxecto mineiro encetado por unha sociedade limitada, a filial galega da empresa Edgewater Corp. para un proxecto de explotación que podería afectar a 9.000 hectáreas.

Valedor

Durante o debate da pregunta a parlamentaria socialista anunciou a comunicación do Valedor do Pobo, que anunciou a apertura dun informe de oficio sobre o impacto medioambiental e sobre o patrimonio da actuación da mina de Corcoesto a raíz do requerimento presentado polos socialistas galegos.

Patricia Vilán informou que, de acordo co Valedor, a súa primeira decisión foi encargar unha peritaxe á Universidade de Santiago de Compostela diante da posible contaminación do medio e por considerar inadecuados os informes remitidos pola Xunta.

Ademais o Valedor reclamou que o estudo de impacto ambiental se axuste ao “contido legalmente establecido”, e advertiu que a empresa promotora presentou unha queixa, que foi inadmitida e rexeitada.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar