A Xunta debe adoptar medidas inmediatas e contundentes para restaurar o río Tea e frear os vertidos

A Xunta debe adoptar medidas inmediatas e contundentes para restaurar o río Tea e frear os vertidos

A Xunta debe adoptar medidas inmediatas e contundentes para restaurar o río Tea e frear os vertidos

Carmen Gallego, Patricia Vilán e Marina Alfaro visitan en Mondariz a zona afectada polo vertido de sosa cáustica a pasada fin de semana.

A viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, reclamoulle á Xunta que acade “medidas inmediatas e contundentes” para restaurar a situación medioambiental do Río Tea e frear os vertidos que periodicamente poñen en perigo esta zona declarada Lugar de Interese Comunitario. A responsable socialista visitou hoxe o río acompañada da portavoz de Medio Ambiente no Parlamento, Patricia Vilán, e a portavoz socialista no concello de Mondariz, Marina Alfaro.

As responsables socialistas avaliaron a situación do río logo do vertido de sosa cáustica da pasada fin de semana e constataron que este caso “non é novo, xa que hai vertidos incontrolados en varios puntos do cauce en tódolos momentos do ano”. Malia esta situación, dixo, “ningún dos organismos públicos encargados de que se cumpra a norma faise responsable”.

Lembrou que a vixilancia medioambiental do río recae sobre a Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Ambiente, que debera controlar as verteduras e vixiar o estado ecolóxico das augas, e a Consellería de Sanidade, encargada de verificar que as augas fluviais sexan aptas para o baño.

Ademais, tamén compete á Confederación Hidrográfica do Miño – Sil, xa que o río desemboca no Miño, e os concellos da beira do río, responsables conxuntamente co goberno galego da depuración das augas residuais.

Sinalou que “é evidente que as depuradoras de augas residuais non funcionan axeitadamente, a autoridade medioambiental non se encarga de vixiar os vertidos e a Confederación Hidrográfica mira para outro lado”.

“Constatamos –dixo- que o diñeiro público procedente de tódalas administracións foi investido en depuradoras supramunicipais que non cumpren coa súa función e pequenas decantadoras ao longo de todo o percorrido que son incapaces de depurar a carga contaminante”.

Río limpo

A portavoz de Medio Ambiente, Patricia Vilán, salientou que “efectivamente, tal e como dicía a Xunta, o río está limpo, o que quere dicir que as pedras están limpísimas e a auga cristalina, pero carente de toda vida”. Dixo que “a mortandade polo vertido de sosa cáustica acadou a tódalas especies piscícolas dun río que ten troita, salmón, anguía e lamprea, entre outras”.

Esixiulle ao goberno galego “actuacións para depurar tódalas responsabilidades ás que houbera lugar, non só da empresa responsable, senón tamén dos concellos e da autoridade medioambiental da Xunta”, así como a inmediata restauración do dano causado.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar