A Xunta debe aclarar a súa actuación fronte ao vertido ao río Tea

A Xunta debe aclarar a súa actuación fronte ao vertido ao río Tea

A Xunta debe aclarar a súa actuación fronte ao vertido ao río Tea

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, presentou unha serie de iniciativas parlamentarias sobre o vertido de 4.000 litros de auga con sosa cáustica no río Tea, na localidade de Mondariz –Pontevedra-, que o pasado venres provocaba a morte da fauna e da flora no tramo afectado.

A responsable socialista esíxelle ao goberno galego que dea conta das características do vertido nunha zona declarada Lugar de Interese Comunitario, protexida pola Rede Natura 2000, e que conta con especies en perigo de extinción. Reclama que a Xunta expoña a incidencia do vertido sobre a fauna e a flora do río, así como que dea conta das actuacións adoptadas.

O incremento repentino do PH da auga provocou a morte de milleiros de peixes ao longo de dous quilómetros da canle do río Tea, do que só no primeiro día do vertido foron recollidos mais de 5.000 exemplares, 250 quilos de animais mortos polo vertido, sen ter en conta os moitos mais que ficaron no leito do río para seren retirados nas seguintes horas.

Desbaraxuste na depuración

Os socialistas galegos esíxenlle á Xunta “vixilancia medioambiental e actuacións de control” dos vertidos ao río Tea ao longo de todo o ano, xa que estes problemas son reiterados polo “desbaraxuste” nos sistemas de depuración de augas residuais. Explicou que mentres o concello construía unha gran depuradora intermunicipal, o goberno galego autorizaba a construción de edares en todo o seu recorrido.

Vilán reclamoulle ao goberno galego que responda da súa inacción diante dos vertidos que lamentablemente son habituais ao longo de todo o ano e que fican impunes xa que ao producirse en momentos de enchente pasan desapercibidos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar