A Xunta, de costas á situación de Alcoa en San Cibrán e A Coruña

A Xunta, de costas á situación de Alcoa en San Cibrán e A Coruña

A Xunta, de costas á situación de Alcoa en San Cibrán e A Coruña

O deputado socialista José Ramón Val acusou hoxe ao goberno galego de manterse “de costas” á situación de Alcoa e á posible venda das plantas de A Coruña e San Cibrao. Así o dixo no debate dunha pregunta oral sobre a situación desta empresa na que lle reclamou á Xunta que “deixe clara a súa postura” diante da posible venda e que permita a continuidade da actividade das plantas.

Lembrou que a empresa “foi regalada por un goberno do PP”, que duranet 15 anos recibiu un “trato diferencial” por parte do Estado no subministro de enerxía, e que ten recibido unha importante cantidade de axudas “sempre co compromiso de manter a actividade e de facer investimentos que na maior parte das veces non se cumpriron”.

Sinalou o importante impacto que tería sobre a industria galega a posible desaparición de Alcoa, que supón 400 empregos directos na Coruña e outros 1.200 en San Cibrao, ademais doutros 400 indirectos, para supor ata o 20 por cento do PIB da provincia de Lugo. Puxo en dúbida a xestión da política industrial da Xunta, que durante toda a etapa de goberno de Feijóo provocou a perda do 25 por cento do emprego industrial.

O deputado socialista reclamoulle ao conselleiro de Industria que dera conta das conclusións da recente xuntanza cos comités de empresa dos dous centros de produción, onde recolleu as súas demandas e “adquiriu compromisos tanto no inmediato, sobre o custe da enerxía e o modelo de poxa, como no referente a tutelar o proceso de posible venda das factorías”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar