A Xunta da "gato por lebre" co seu Plan de Mobilidade

A Xunta da "gato por lebre" co seu Plan de Mobilidade

A Xunta da "gato por lebre" co seu Plan de Mobilidade

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Raúl Fernández, acusou hoxe ao goberno galego de dar “gato por lebre” no Plan de Mobilidade presentado hoxe pola conselleira de Territorio no Parlamento. O deputado socialista lembrou o compromiso incumprido de aprobar unha Lei de Mobilidade que se traduciu en “sete anos de desmantelamento dos servizos públicos de transporte”.

Acusou á conselleira de “carecer de convicción, e intención de converter o transporte público na plataforma de mobilidade en Galicia” cunha xestión “patética” que “converteu un transporte sostible nun transporte insostible”. Engadiu neste sentido que “insostible é a situación da súa Consellería e da propia conselleira”, que “puxo o cartel de liquidación por peche en tódalas áreas do seu departamento”.

Dixo que o plan presentado hoxe constitúe unha “nova fuxida cara adiante” da conselleira, que “intenta agochar a realidade pasada e presente cun inconsistente plan de futuro”. Fernández fixo unha análise polo miúdo das eivas na xestión do goberno galego en transporte terrestre, ferroviario, marítimo, aéreo e metropolitano como “exemplo dun goberno esgotado que da a lexislatura por rematada”.

Así, lembrou a redución masiva de liñas e frecuencias de transporte terrestre, unido á ampliación temporal das concesións e falla de modos de transporte alternativos, xunto cun transporte ferroviario que desmantelou a curta e media distancia e paralizou as cercanías e as novas infraestruturas de longo percorrido.

O goberno galego mantense á marxe e despreocupado dos prexuízos provocados por un transporte marítimo insuficiente, e a conselleira “nin está nin se lle espera na coordinación do transporte aéreo”. Finalmente, o transporte metropolitano careceu de ningunha iniciativa do goberno, mais alá de utilizalo como “arma política escandalosa” no caso de Vigo.

Decadencia e irrelevancia

Raúl Fernández dixo que a Consellería de Territorio e Infraestruturas ofrece hoxe “a imaxe dos restos do naufraxio” logo de ser concibida “como unha macro Consellería á imaxe e faciana do goberno galego e do seu presidente”. Hoxe representa o “galopante e incesante deterioro da xestión pública” por parte de Feijóo, e permanece “instalada na provisionalidade dende o primeiro día”.

Lembrou que este departamento, nos últimos tres anos, tivo “dous conselleiros, dous directores da Axencia Galega de Infraestruturas, dous presidentes de Augas de Galicia, 3 directores xerais de Mobilidade e dous decretos de estrutura orgánica”. Sentenciou que “só a inactividade e ineficiencia na xestión supera o desatino dos ceses, dimisións e nomeamentos do presidente da Xunta”.

AP-9

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Raúl Fernández, dixo hoxe que a transferencia da AP-9 a Galicia é “posible, necesaria e oportuna”. Os socialistas respaldaron esta proposta que foi aprobada hoxe no Pleno do Parlamento.

O responsable socialista advertiu que actualmente a concesionaria da vía é “o único beneficiario” dunha das autoestradas mais caras do Estado, que ten un custe medio de 16,2 céntimos por quilómetro, 4,6 veces mais que a media estatal, de 3,5 céntimos por quilómetro. Reclamoulle ao goberno galego que respalde esta proposta para “explotar o seu potencial en beneficio do país”.

Sinala que se trata dunha “infraestrutura viaria imprescindible para o crecemento de Galicia que perdeu o seu papel dinamizador ao aplicar un modelo de xestión que reduce os beneficios dos usuarios en favor da concesionaria”. Unha concesionaria, explicou, que provoca unha “carga inasumible para familias e empresas” con subas continuadas das peaxes, prezos diferentes nos distintos tramos e carente de bonificacións tarifarias.

Oportunidade

A situación é que hoxe “a percepción social é que a que era unha oportunidade para o crecemento para Galicia mudou, por decisións políticas, nunha oportunidade exclusivamente económica para a concesionaria”.

Resumiu que a súa transferencia á titularidade autonómica é posible, xa que o permiten tanto o Estatuto como a Constitución e se trata dun vieiro acotado integramente no territorio da Comunidade Autónoma, é necesaria para recuperar o seu atractivo e o seu papel como panca de crecemento, e resulta oportuna no actual momento para situala “ao servizo dos galegos e das galegas”.

A infraestrutura, dixo, constitúe “a principal estrada de comunicación de Galicia”, que conecta á metade da poboación galega e relaciona directamente a cinco das grandes cidades do país, malia o que na actualidade está nas mans da empresa concesionaria.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar