A Xunta conxela a Lei de Medios para perpetuar o control político do ente

A Xunta conxela a Lei de Medios para perpetuar o control político do ente

A Xunta conxela a Lei de Medios para perpetuar o control político do ente

O deputado socialista José Luis Méndez Romeu acusou hoxe á Xunta de manter a Lei de Medios Públicos de Comunicación deliberadamente paralizada para manter o control da política informativa do ente. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Control da CRTVG, na que lamentou que o ente “vulnera os principios de imparcialidade e neutralidade”.

Méndez Romeu sinalou que logo de cinco anos de vixencia “non avanzaron na elaboración do estatuto profesional ou na constitución do Consello Informativo”, e sinaloulle ao director xeral da CRTVG que “o problema comeza polo seu propio cargo”. Aludiu á reforma da Lei imposta pola maioría do PP para frear a renovación da dirección e blindar así ao seu actual responsable.

Sinalou que “a Lei permanece intocable porque o goberno estima que canto máis dure a situación que arrastramos, mellor”, prolongando un statu quo no que o goberno manexa ao seu antollo a política informativa do ente, cunha dirección de informativos ditando a política informativa, que é transmitida manu militarii á redacción.

Criticou que “segan empeñados en facer da TVG o seu coto privado, que adula incesantemente ao goberno, mentres calquera información de contraste é mais que rigorosamente controlada”. Ao tempo, engadiu, impoñen aos traballadores e traballadoras unhas “condicións de servidume” que chegan a “atentar contra o seu carácter profesional e deontoloxía como xornalistas”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar