A Xunta converteu á CEG nun "axente electoral" a cambio de "mais de 20 millóns de euros"

A Xunta converteu á CEG nun "axente electoral" a cambio de "mais de 20 millóns de euros"

Abel Losada denuncia que o goberno agocha o convenio para o financiamento dunha suposta rede de plataformas empresariais no exterior.

O portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, acusou ao goberno galego de destinar mais de 20 millóns de euros a “converter á Confederación de Empresarios nun axente electoral”. Na sesión de control ao Parlamento, lembra que o convenio asinado coa patronal para o financiamento dunha suposta rede de plataformas empresariais no exterior permanece agochado.

Losada criticou a concesión “graciosa” de 18 millóns de euros a través dun convenio entre o goberno galego e a CEG no mes de outubro de 2010, que tivo dúas ampliacións mais por importe de dous millóns e de outros 250.000 euros. A día de hoxe o goberno galego continúa agochando as bases, as características e os criterios nos que está baseado o convenio.

Ironizou co contido do dito acordo sinalando que “con esas tarifas publicitarias non me estraña absolutamente nada que a CEG se convertera nun axente electoral” do goberno galego. Salientou o contraste entre a concesión de axudas millonarias aos empresarios mentres “castigábase aos sindicatos” retirando os cursos de formación.

Ademais, advertiu o pírrico resultado do convenio, xa que malia que a internacionalización económica de Galicia mellorou en termos de exportación dende a súa sinatura, foi así pola redución dos custes salariais “e non da innovación”. Ademais, engadiu, “a taxa de cobertura está explicada pola caída das exportacións froito da crise económica e da caída da demanda”.

Aínda que o ano 2013 “non foi malo” no ano 2013, o ano 2014 “é un pouco peor” xa que mentres as exportacións medraron un 0,7 por cento entre xaneiro e xullo, as importacións creceron no mesmo período un 7,3 por cento, “dez veces mais”, poñendo en perigo as ditas taxas de cobertura.

Ademais criticou que o goberno galego presente como mostra de investimento estranxeiro os 5,1 millóns de euros que Pemex investirá na construción dun flotel no estaleiro de Barreras, cando “se trata de comprar tecnoloxía para deslocalizar a produción” e levala a México, “tal e como dixo textualmente o conselleiro delegado na factoría de Beiramar, en Vigo”.

En definitiva, Losada resumiu o “fiasco” da internacionalización da economía galega coas “frases solemnes” do presidente da Xunta. Así, dixo que mentres Feijóo anuncia que gobernará para todos, vende que fará mais con menos, defende que a ética a dan os votos e promete luz e taquígrafos, a realidade é que agocha os convenios millonarios que asina cos empresarios e castiga aos traballadores.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar