A Xunta converte a xestión da sanidade nun "delirio numérico" mentres desatende aos doentes

A Xunta converte a xestión da sanidade nun "delirio numérico" mentres desatende aos doentes

A Xunta converte a xestión da sanidade nun "delirio numérico" mentres desatende aos doentes

MédicoA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, acusou hoxe á conselleira de Sanidade de converter a xestión sanitaria nun “delirio numérico”. No debate dunha iniciativa socialista na Comisión de Sanidade, acusou á Xunta de “cadrar os números” mentres deixa a doentes desatendidos ou almacenados nos corredores dos hospitais pola falla de persoal e de camas.

Esixiulle que “xestione o sistema sanitario público co máximo respecto”, mentres criticou que “reparte o sistema sanitario público entre empresas amigas e os cargos entre amigos e familiares do PP ao tempo que intentan enganar á cidadanía con mentiras e mais mentiras”. Advertiu que “a realidade é teimuda, e desminte o suposto incremento de contratos e de camas e confirma o aumento da derivación á sanidade concertada”.

Acuña denunciou que a Xunta intenta facer pasar por aumento de contratacións o que son contratos “por horas” de profesionais de luns a venres “para aforrar as fins de semana”. Sinalou que “deste xeito, si cada hora fan un contrato distinto poderán sumar moitísimos, pero a realidade é que non solucionan o problema e tampouco garanten unha atención acaída nin legal”.

Especialidades unipersoais

A responsable socialista presentou unha proposición non de Lei para que a Xunta cubra “de forma automática e inmediata” todas as ausencias xustificadas nas especialidades unipersoais no Sergas, tanto nos hospitais como en atención primaria. Advertiu que moitos servizos contan cun só profesional que cando deixa de traballar por causa do seu descanso ou dunha indisposición provoca que se anule o servizo.

Considerou inadmisible que estas especialidades unipersoais ofrezan un “servizo intermitente”, que “agora teñen e agora non”, como o caso de hospitais comarcais con especialidades en precario, como é o caso de hematoloxía, imprescindible para a atención cirúrxica de todo o centro, e que depende dunha soa persoa.

Advertiu da situación límite na que se atopan estes servizos nos centros de saúde que teñen dous profesionais para atender a toda a demanda, e que no Nadal “con e sen gripe contaron cun só profesional” porque o outro estaba nas vacacións ás que ten dereito. É o mesmo caso de “nenos e nenas que quedaron sen atención pediátrica durante todo o Nadal porque o seu centro só ten un pediatra”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar