A Xunta continúa sen ingresar as partidas para gastos de funcionamento dos institutos correspondentes a 2015

A Xunta continúa sen ingresar as partidas para gastos de funcionamento dos institutos correspondentes a 2015

A Xunta continúa sen ingresar as partidas para gastos de funcionamento dos institutos correspondentes a 2015

O portavoz de Educación do Grupo Socialista e secretario de Educación do PSdeG-PSOE, Vicente Docasar, advertiu hoxe que a Xunta continúa sen remitirlle aos institutos galegos as partidas correspondentes aos gastos de funcionamento do ano 2015, a dous días de comezar coas vacacións de Semana Santa e con dous trimestres do curso rematados.

O responsable socialista esixiulle á Consellería de Educación que ingrese de inmediato uns cartos imprescindible para facer fronte aos gastos de auga, luz ou calefacción, “por non falar de subministracións, material funxible ou material didáctico” imprescindibles para o seu funcionamento. A día de hoxe, sinala, deberan ter recibido o 40 por cento das partidas que lles corresponden para o ano 2015.

Docasar advirte que “numerosos directores e directoras de centros educativos se teñen dirixido a nós nos últimos días para trasladarnos unha situación insólita por canto se trata da partida económica que permite que os centros educativos afronten os seus gastos mais elementais”.

Critica o “lamentable cinismo” do goberno galego, que “nas últimas semanas vén asegurando cada día que a economía galega vai vento en popa”, polo que “sendo así, non entendemos cómo a día de hoxe nin un só centro ten recibido un só euro para abordar os seus gastos de funcionamento para o ano 2015”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar