A Xunta continúa contratando persoal de enfermería para media xornada

A Xunta continúa contratando persoal de enfermería para media xornada

A Xunta continúa contratando persoal de enfermería para media xornada

Carmen AcuA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, instou ao goberno galego a eliminar a taxa de reposición e a eventualidade na contratación de Enfermería, así como a recuperar os días de libre disposición. A responsable socialista presentou unha proposición non de Lei para que a Xunta recupere as condicións destes profesionais.

Acuña advirte que o camiño dos recortes e a “obsesión privatizadora” do goberno de Feijóo están a empeorar notablemente as condicións dos e das profesionais de enfermería, deteriorando polo tanto a atención aos pacientes. Dixo que “se lle fan a diario contratos, xa non por garda senón ata por medias xornadas e, incluso, en distintos servizos na mesma quenda”.

A consecuencia é que “rompen o principio disciplinar sobre a continuidade e a seguridade dos coidados que se ofrecen á cidadanía”. Deste xeito, “cada vez hai menos presenzas de profesionais de enfermería por cama e ademais este ratio é moi variable segundo a área e a xerencia de que se trate”, o que demostra a súa “enorme repercusión na calidade dos coidados das persoas ingresadas”.

Os socialistas galegos reclámanlle ao goberno galego que “defina as presenzas de enfermería, por paciente e quenda, máis adecuadas para cada especialidade hospitalaria”, e que “recupere a carreira profesional e o servizo para os e as profesionais de Enfermería”. Tamén reclaman recuperar o Plan de Mellora da Atención Primaria e o Plan de Saúde Mental.

Acuña solicítalle á Xunta que respecte as listas de contratación e a xestión dos contratos a cada un polas súas características, eventualidade, interinidade e propiedade, tal e como contempla o Estatuto Marco. Finalmente, solicita que sexa a Enfermería “quen asuma o coidado e o seguimento das e dos doentes crónicos e das demais doenzas contempladas nas súas especialidades, coa plena competencia que lle permite a súa formación”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar