A Xunta confirma que deixa sen executar o 57 por cento do Fondo Social Europeo e o Feder

A Xunta confirma que deixa sen executar o 57 por cento do Fondo Social Europeo e o Feder

A Xunta confirma que deixa sen executar o 57 por cento do Fondo Social Europeo e o Feder

A Xunta confirmou hoxe que tan só executou o 43 por cento dos programas financiados con cargo ao Feder e ao Fondo Social Europeo cando quedan só dous anos para o seu remate. Así llelo confirmou o goberno galego á parlamentaria socialista Marisol Soneira na resposta a unha pregunta parlamentaria na Comisión de Asuntos Europeos celebrada hoxe.

Soneira sinalou que o goberno galego non executou o 57 por cento do investimento aprobado pola UE dende 2007 por ser incapaz de asumir o cofinanciamento dos programas anunciados. Estas partidas, dixo, se perderán no caso de chegar a 2015 sen ter executado estas partidas e criticou que “por non investir un 20 por cento estamos perdendo o 80 por cento restante das partidas aprobadas con cargo á UE”.

A deputada socialista dixo que a Xunta de Galicia demostra “unha especial incapacidade” para cumprir cos investimentos comprometidos, xa que ten situado a Galicia “24 puntos por debaixo da media do Estado”. Considera “escandaloso” que mentres a media de execución sitúase no 67,3 por cento, Galicia só poda acadar o 43 por cento.

Marisol Soneira advertiu que o goberno galego ten situado aos promotores “en serias dificultades” ao renunciar de facto ao cofinanciamento de partidas das que depende “o proxecto vital de moita xente”. Sinalou que o goberno galego ten tomado como práctica habitual transferir fondos para exercicios posteriores, como ten sinalado o Consello de Contas, poñendo en risco a partidas comunitarias.

Dixo que esta práctica provoca como consecuencia unha “mala imaxe de Galicia como receptora de fondos” diante da UE, xa que “si temos que devolver fondos vai ser difícil de explicar”, e pode poñer en risco a concesión de partidas no futuro.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar