A Xunta confirma por escrito que renuncia a crear unha Unidade de Ictus en Ourense

A Xunta confirma por escrito que renuncia a crear unha Unidade de Ictus en Ourense

A Xunta confirma por escrito que renuncia a crear unha Unidade de Ictus en Ourense

A deputada socialista Noela Blanco denunciou hoxe que a Xunta vén de confirmar por escrito a súa renuncia a crear unha Unidade de Ictus no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Así o confirmou o propio goberno galego nunha resposta por escrito remitida a esta deputada.

Blanco reclamáballe á Xunta a creación da dita unidade, ao que a Xunta responde literalmente que o CHUOU xa “conta cos recursos necesarios para diagnosticar e tratar os ictus, e derivar aos pacientes a outro nivel asistencial cando o precisen”. A deputada socialista sinala que se trata “dunha mostra máis do desprezo pola saúde dos ourensáns e un agravio comparativo para esta provincia”.

Lamenta que a Xunta “non só non entenda o que supón a sanidade pública, senón que fai todo o posible por desmantelala”, reducindo as prestacións e negándolle a boa parte da poboación da que é responsable un servizo sanitario de calidade. Lembra que Ourense carece de radioterapia, hemodinámica 24 horas ou Servizo de Xeriatría, vén de perder o servizo de Cirurxía Pediátrica e sufre colapsos sanitarios crónicos sen que fagan nada por remedialo.

Blanco lembra que en Galicia só existen na actualidade dúas Unidades Específicas de Ictus, en Vigo e Santiago, e estase formando unha nova para a Coruña, malia que Ourense sexa unha zona cun alto índice de patoloxía cerebrovascular.

Unido a que o 30 por cento dos ourensáns superan os 65 anos, isto fai que Ourense “necesite unha unidade que está demostrado que diminúe a morbimortalidade e mellora a calidade de vida dos afectados e afectadas por estas patoloxías”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar