A Xunta conculca os dereitos dos lugueses ao incumprir a obriga de convocar o Consello de Saúde da Área Sanitaria

A Xunta conculca os dereitos dos lugueses ao incumprir a obriga de convocar o Consello de Saúde da Área Sanitaria

A deputada socialista Concepción Burgo anunciou unha batería de iniciativas no Parlamento para esixirlle ao goberno galego a inmediata constitución e convocatoria do Consello de Saúde da área sanitaria de Lugo. Sinala que Feijóo incumpriu este requisito legal dende a súa chegada ao goberno en 2009, conculcando os dereitos dos lugueses e luguesas en materia sanitaria.

Burgo sinala que “esta situación non é aceptable” por canto o goberno de Feijóo “ten a obriga de cumprir a Lei” de Saúde de Galicia e polo tanto convocar este órgano que lle dea voz á sociedade de Lugo. A deputada socialista traslada á Cámara autonómica esta demanda reiterada pola Federación de Veciños, que foi obviada polo goberno galego, -“que semella querer negar voz á cidadanía”.

A responsable socialista engade que “está claro que, dada a política de privatización e recortes que está a levar a cabo o presidente Feijóo, non quere que a veciñanza poida expresar a súa opinión contraria ás medidas tomadas polo executivo”.

Apunta así a eivas concretas da área de Lugo, onde “faltan prestacións sanitarias importantes reivindicadas por concellos, asociacións e veciños e veciñas”. Citou neste sentido os servizos de radioterapia, hemodinámica 24 horas e medicina nuclear, así como o peche de camas no HULA, as listas de espera ou as infraestruturas sanitarias no barrio da Residencia.

Os Consellos de Saúde, explicou, son os órganos nos que a cidadanía pode propor medidas sanitarias, coñece e emite informe sobre o anteproxecto do Plan de Saúde, coñece a memoria anual da área sanitaria, é informada dos contratos de servizos sanitarios, concertos e programas de subvencións e pode propor medidas para mellorar a xestión sanitaria.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar