A Xunta concedeulle a atención a discapacitados de San Francisco a Doral Residencial malia ter unha orde de derribo

A Xunta concedeulle a atención a discapacitados de San Francisco a Doral Residencial malia ter unha orde de derribo

A Xunta concedeulle a atención a discapacitados de San Francisco a Doral Residencial malia ter unha orde de derribo

discapacitadosA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, denunciou hoxe que a conselleira de Traballo e Benestar concedeulle irregularmente a Doral Residencial, en Mos, as prazas de atención a persoas con discapacidade que ata entón atendía o centro San Francisco.

Gallego revelou nunha pregunta no Parlamento que a Xunta obviou que a a ampliación de Doral Residencial en Mos, pola que foron concedidas as prazas, contaba cunha orde de derribo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A Xunta, dixo, outorgoulle ao centro un Permiso de Inicio de Actividade –PIA- para ampliar as instalacións e poder optar ás prazas de atención a persoas discapacitadas.

Acusou á conselleira de “aproveitar as amizades perigosas do PP” para “castigar aos que non están de acordo coas políticas de atención á discapacidade do goberno”. Preguntoulle a Mato si “preparou a ampliación do centro privado e o outorgamento do PIA para atender a persoas con discapacidade en conivencia cos empresarios” para retirárllelo ao centro San Francisco.

Preguntoulle ademais si “vai pedir perdón ás familias ás que coaccionaron para que se foran a Mos –onde se localiza Doral Residencial- ou vai vostede dimitir, que é o que tería que ter feito hai moito tempo”. Lembrou que tan só catro familias accederon a trasladarse a Mos –no medio do monte e sen transporte público axeitado para os afectados- e que a concesión foi recorrida por San Francisco, que solicitou a paralización do proceso.

Esixiulle á conselleira que explique si executará a orde de derribo que pesa sobre a ampliación “e deixar que continúen como residencia privada unicamente para persoas maiores”, o fin orixinal da residencia, propiedade de empresarios que comenzaron a súa actividade con inmobiliarias.

Gallego salientou a “desazón” das familias afectadas por unha decisión do goberno, que obrigou a trasladar ás persoas discapacitadas sen reunirse coas familias malia que leven meses reclamando unha xuntanza. Sinalou que, finalmente, o goberno galego accedeu a convocalos o próximo 2 de marzo en Vigo “froito de saber desta pregunta parlamentaria”, e advertiu que “non vaia darlles boas palabras, palmadiñas no lombo e mais retrasos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar