A Xunta concedeu “a dedo” un contrato de 544.000 euros para a xestión do parque arqueolóxico de Campo Lameiro a familiares do PPdeG

A Xunta concedeu “a dedo” un contrato de 544.000 euros para a xestión do parque arqueolóxico de Campo Lameiro a familiares do PPdeG

A Xunta concedeu “a dedo” un contrato de 544.000 euros para a xestión do parque arqueolóxico de Campo Lameiro a familiares do PPdeG

Carmen Cajide advirte que o Goberno retirou á empresa concesionaria para entregárllelo ao fillo do alcalde e o irmá dunha concelleira de Campo Lameiro

A parlamentaria socialista Carmen Cajide denunciou no Pleno do Parlamento que a Xunta ten concedido “a dedo” a familiares do PP un contrato de 544.500 euros para a xestión do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro. Cajide advertiu que a Xunta ten “priorizado os beneficios particulares da familia do PP antes do beneficio xeral do proxecto para Galicia”.

En concreto, advertiu que a Xunta ven de retirarlle a concesión á empresa adxudicataria, Ingenia QED, que entrou en concurso de acredores, para concedérllelo mediante subrogación e sen concurso público á empresa Espiral Xestión Cultural, administrada polo fillo do alcalde e o irmá dunha concelleira de Campo Lameiro.

A deputada pontevedresa denunciou “trato de favor para coa familia do PP” ao subrogar o contrato a unha empresa “creada ad - hoc” que contaba cun capital social de 3.000 euros e só un mes de vida “para xestionar un ben público no que se teñen investido mais de 10 millóns de euros”.

Denunciou que a empresa foi creada “co único obxectivo de facerse coa adxudicación da xestión do parque arqueolóxico sen participar nun concurso nin competir con ofertas doutras firmas para conseguilo”. Sinalou que o parque arqueolóxico funcionará ata o ano 2014 por unha empresa creada en xaneiro deste mesmo ano “sen experiencia nin garantías de ningún tipo”.

Cajide acusou á Xunta de agochar a documentación correspondente a esta contratación, como é o informe xurídico que avala a subrogación do contrato de concesión do Parque Arqueolóxico. Tamén reclamou a copia do expediente completo da concesión do devandito Parque para “confirmar si os servizos xurídicos da Xunta informaron favorablemente ou non sobre non ter convocado o concurso”.

Sinalou que, con esta actuación, o presidente da Xunta está a incumprir o seu compromiso de “eliminar prácticas clientelares e aplicar con capacidade de asunción de responsabilidades nos supostos que correspondan”. Lembrou que o presidente da Xunta mesmo comprometeuse no seu discurso de investidura con respectar as leis e regular os procedementos de contratación, selección de persoal e acceso ás subvencións.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar