A Xunta comunica as valoracións da dependencia caducadas

A Xunta comunica as valoracións da dependencia caducadas

A deputada socialista Patricia Vilán presentou unha serie de iniciativas parlamentarias sobre a situación da Oficina de Valoración da Dependencia e Discapacidade de Pontevedra que veñen de ser denunciadas no último informe do Valedor do Pobo. A responsable socialista reclámalle ao goberno que explique as medidas previstas logo de constatar que a oficina “non cubre as necesidades das persoas con discapacidade”.

Vilán sinala que, de acordo co Valedor do Pobo, a dita Oficina, dependente do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Consellería de Traballo e Benestar, rexistra atrasos inxustificados no envío das resolucións que chegan en casos ata os tres anos. Este retraso provoca que os usuarios reciban as notificacións “xa caducadas ou a punto de facelo”.

As irregularidades detectadas inclúen unha demora de entre ano e medio e dous anos nas citas de valoración para a discapacidade, logo de que a Xunta decidira privatizar o servizo de citas, e cando antes se realizaban por correo “agora se fan por teléfono, moitas veces en días e horas inapropiadas”.

Ademais, a aplicación informática para este servizo de citas acumula numerosas deficiencias, ademais de que a entidade concesionaria –Indra- “nunca atendeu ás incidencias que teñen comunicado de forma reiterada os traballadores da oficina”.

Neste momento, ademais, a dita Oficina conta con tan só tres equipos de valoración -compostos cada un deles por un médico, un psicólogo e un traballador social- para atender a toda a zona norte da provincia de Pontevedra, integrada por 35 concellos e unha poboación de 376.557 habitantes que teñen que ser atendidos por 9 profesionais.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar