A Xunta comparece sobre cooperación transfronteiriza pero renuncia a explicar o financiamento supostamente ilegal do PP

A Xunta comparece sobre cooperación transfronteiriza pero renuncia a explicar o financiamento supostamente ilegal do PP

A Xunta comparece sobre cooperación transfronteiriza pero renuncia a explicar o financiamento supostamente ilegal do PP

Fotografía de Óscar Corral

Fotografía de Óscar Corral

A deputada socialista Marisol Soneira cualificou hoxe de “esperpento” a comparecencia do conselleiro da Vicepresidencia, Alfonso Rueda, para falar de cooperación transfronteiriza mentres o PP rexeita co rolo da maioría absoluta a totalidade das 286 solicitudes de comparecencia presentadas polos socialistas, das cales “solo en Pleno hai 19 peticións de Rueda e 36 de Feijóo”.

Lembrou que entre os asuntos que se negan a explicar diante do Parlamento están a relación de Feijóo con Marcial Dorado, narcotraficante recentemente condenado por branqueo de capitais mentres se facía fotos compartindo vacacións co actual presidente da Xunta. Tampouco queren explicar, engadiu, o financiamento presuntamente ilegal do PPdeG.

Soneira acusou ao PP de utilizar a súa maioría absoluta para evitar dar conta dos vencellos do partido coa trama Gürtel, o financiamento irregular da sede de Pontevedra ou os fondos escuros do PP de Ourense. Tampouco teñen clarificado de forma suficiente, dixo, a desviación de subvencións para financiar ao PP ou o papel do amigo “conseguidor” do presidente da Xunta investigado na Operación Zeta.

A deputada socialista considera a comparecencia de hoxe “unha falla de respecto ao Parlamento e á cidadanía galega” que Rueda compareza “como os fariseos que pensan que cumprindo coas formalidades xa é suficiente”.

Mentres, fai oídos xordos ao financiamento presuntamente ilegal do PP mentres amosa o máximo celo para investigar unha suposta trama agraria “orquestada e denunciada por vostede dende o partido e executada como conselleiro”. O PP rexeita que o presidente da Xunta dea conta do “desastroso estado do noso mercado laboral” ou da “ausencia clamorosa” do goberno galego de Cuba nun “momento histórico” para a illa caribeña.

Cooperación transfronteiriza

Soneira criticou a pretendida urxencia da comparecencia de hoxe para tratar a cooperación transfronteiriza con Portugal cando a Comunidade Galicia – Norte de Portugal, posta en marcha por un presidente socialista, “hoxe languidece con mais pena que gloria”.

As relacións de Galicia coa UE, dixo, limítanse a unha execución “pírrica” de fondos Feder, en torno ao 40 por cento, e a que a Comisión Europea “tumbara” o Plan de Desenvolvemento Rexional por impedir a participación dos sectores interesados, e cando “dependen del a práctica totalidade dos programas forestais e agrogandeiros de Galicia”.

Advertiu que a Xunta terá que afrontar a devolución de fondos europeos esenciais por renunciar a investir a parte que lle corresponde a Galicia, como é o caso do Plan Acuícola, “secuestrado” polo goberno de Feijóo, que non investiu un só euro dende que asumiu o goberno.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar