A Xunta blinda os concertos educativos para restrinxir as limitacións de gasto aos centros públicos

A Xunta blinda os concertos educativos para restrinxir as limitacións de gasto aos centros públicos

A Xunta blinda os concertos educativos para restrinxir as limitacións de gasto aos centros públicos

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, sinalou hoxe que a orde que regula os concertos educativos ata 2022 “non é nin medio racional”. Sinalou que o obxectivo é “blindar” os concertos para concentrar os recortes no ensino público e suprime o baremo de coeducación, nunha política que corresponde á “estrema dereita”.

O responsable socialista remitiuse ao Evanxelio segundo San Mateo (7:20), para sinalar que “polos seus feitos os coñeceredes”, presentando ao PP como un partido “estremo, que nin é moderado nin é tolerante”. Álvarez sinalou en particular á ampliación do concerto a seis anos tamén no que non é Primaria –en Madrid ou Castela A Mancha é de catro-, nunha manobra dirixida, dixo, a salvagardar os concertos das próximas eleccións de 2020.

Acusou ao PP de buscar que se limite a restrición do gasto ao ensino público, demostrando que se trata da “estrema dereita dende o punto de vista educativo e do gasto público”. Explicou que a blindaxe dos concertos “deixa aberta a posibilidade de limitar o profesorado e o número de unidades nos centros públicos, demostrando que non teñen a mínima intención de recuperar as condicións dos traballadores”.

Explicou graficamente que mentres unha escola pública con dous módulos que reduza o número de alumnos a 25 –o número estipulado por cada clase-, reduce o curso de inmediato a un só módulo, o que non pode pasar nun centro concertado. Aquel manterá os dous módulos ata o fin do concerto por moito que teña menos de 25 alumnos en total, xa que é o que especifica o contrato.

Involución

Luis Álvarez dixo ademais que a supresión da coeducación –os centros que segregan por sexo- como baremo para conceder concertos representa unha “involución” no ensino público. Ademais, engadiu, converte o Plan de Actuacións en Igualdade asinado entre a Secretaría Xeral de Igualdade e a Consellería de Educación en “papel mollado” e destrúe a imaxe do PP como un partido moderado “que nos queren vender”.

Ademais intenta consagrar o “principio de demanda” estipulado pola “agonizante Lomce”, polo que “a administración ten que responder se os pais e nais piden contar con centros concertados. Comparou este principio pola xestión sanitaria, e preguntou se “poden imaxinar que a administración poña en marcha consultorios privados habendo PACs ou centros de saúde”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar