A Xunta blinda aos centros concertados para salvalos do recorte de unidades previsto para os próximos anos

A Xunta blinda aos centros concertados para salvalos do recorte de unidades previsto para os próximos anos

A Xunta blinda aos centros concertados para salvalos do recorte de unidades previsto para os próximos anos

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, advertiu hoxe que a orde da Xunta que regula os concertos educativos quere “blindar” aos centros concertados dos recortes fronte a unha caída de máis de 9.000 alumnos de Educación Infantil prevista ata 2022. O responsable socialista presentou hoxe unha serie de iniciativas sobre a decisión de ampliar estes contratos durante seis anos.

Nesta etapa, dixo, os colexios concertados estarán a salvo dos recortes que si terá que asumir o ensino público, e que poderían chegar a supor unha redución de 371 unidades só na educación infantil e, grazas ao goberno galego, só no ensino público. Álvarez fixo este cálculo en base ás previsións do IGE, que prevé unha caída de 2.450 nenos e nenas de 3 anos, outros 3.089 de catro e 3.765 máis de cinco anos entre 2017 e 2022.

O parlamentario socialista lamentou que o goberno galego teña xa a “decisión tomada” de protexer este tipo de ensino, que “encaixa na súa forma de entender o ensino”, e augurou que “non vai mudar” a súa política, por moito que lle reclame “un consenso necesario e saudable” para o sector educativo e para toda a sociedade.

Luis Álvarez corroborou os seus datos cos resultados dos recortes aplicados polo goberno do PP entre 2009 e 2015 aos centros de ensino público, nos que perderon 274 unidades, mentres na mesma etapa e no mesmo contexto económico os centros concertados incrementaron a súa carteira en 21 unidades.

Blindaxes de Fraga

Dixo que o goberno de Feijóo vén de tomar unha decisión semellante á que tomou o goberno de Fraga de blindar os concertos cando estaban en funcións impedindo calquera modificación ata 2009. Replicoulle así ao conselleiro de Educación, que vén de acusar ao goberno de Emilio Pérez Touriño de non ter feito nada cos ditos contratos agochando que foran blindados polo goberno do PP.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar