A Xunta ataca a liña de flotación das enerxías renovables para volver aos combustibles fósiles

A Xunta ataca a liña de flotación das enerxías renovables para volver aos combustibles fósiles

A Xunta ataca a liña de flotación das enerxías renovables para volver aos combustibles fósiles

Abel Losada utiliza no Parlamento a obra de García Márquez e Lewis Carroll para ironizar sobre “O Conselleiro no seu Labirinto” e “Galicia no País das Marabillas”.

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, acusou hoxe ao goberno galego de prexudicar deliberadamente ás enerxías renovables seguindo a súa “folla de ruta de atacar a súa liña de flotación para volver aos combustibles fósiles e á enerxía nuclear”. Así o dixo na comparecencia do conselleiro de Industria no Parlamento, na que evidenciou a drástica caída do peso das enerxías renovables con Feijóo.

Losada ironizou utilizando os títulos de dúas coñecidas obras dos escritores Gabriel García Márquez e Lewis Carroll para describir á intervención do conselleiro como “O Conselleiro no seu Labirinto” e “Galicia no País das Marabillas”. Criticou o lamentable intento do conselleiro de continuar co discurso “radicalmente falso” iniciado polo presidente da Xunta anunciando un suposto auxe da enerxía renovable en Galicia.

De acordo co IGE, lembrou, as enerxías renovables descenderon en Galicia entre 2010 e 2012 –os últimos anos dos que hai datos publicados- un 28 por cento, mentres en España e no conxunto da UE medran un 4 por cento.

O responsable socialista sinalou ademais aos datos oficiais remitidos polo Ministerio de Industria, quen advertía que en Galicia foran instalados tan só 2,65 MW de enerxía eólica, fronte aos 175 de todo o conxunto do Estado. Moi lonxe, explicou, dos 15.000 que necesita instalar España para cumprir cos obxectivos do horizonte 2020 marcados pola UE.

Abel Losada cualificou de “insultante” que, neste contexto, o goberno galego “ven aquí a falar de biomasa como solución de futuro”, logo de “todo o que o PP ten dito” criticando os plans do conselleiro de Medio Rural de desenvolver a biomasa durante o goberno socialista en Galicia.

Enganar á cidadanía

Losada acusou ao presidente da Xunta de enganar á cidadanía cando hai días anunciaba que o 95 por cento do consumo total da enerxía de Galicia procede das enerxías renovables, e lembrou que “enerxía é algo mais que electricidade”.

Dixo que o goberno galego quere manter o engano “gardando os datos no caixón” e incumprindo os acordos aprobados polo Parlamento para que a Xunta remita informes semestrais sobre o cumprimento dos plans industriais ligados ao concurso eólico. En dous anos e medio, explicou, aínda non foi entregado nin o primeiro destes informes.

Criticou que a Xunta sexa “incapaz de falar de efectos multiplicadores, de avances tecnolóxicos e de transferencia da innovación” das renovables. Mentres, dixo, asisten impávidos a un “proceso desindustrializador brutal”, cunha caída interanual do 7,1 por cento no Índice de Produción Industrial de Galicia, fronte ao crecemento do 1 por cento do resto do Estado.

Losada sinalou tamén á directiva europea 28/2009 sobre o fomento da enerxía renovable, coñecida como “Directiva Oettinger”, que alerta que un dos principais problemas desta industria deriva dos prezos da enerxía. Contrapuxo o “fracaso” da reforma do sector enerxético de Rajoy, que conseguiu un crecemento do 57 por cento no déficit de tarifa e multiplicou por dous o prezo da luz no derradeiro cuadrimestre.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar