A Xunta aproveita para introducir medidas con transfondo ideolóxico que nada teñen que ver coa austeridade

A Xunta aproveita para introducir medidas con transfondo ideolóxico que nada teñen que ver coa austeridade

A Xunta aproveita para introducir medidas con transfondo ideolóxico que nada teñen que ver coa austeridade

O parlamentario socialista, portavoz de Sanidade, ven de reivindicar a universalidade do dereito á asistencia sanitaria de “todos os españois e dos estranxeiros residentes en municipios españois”, tal e como recolle a Lei Xeral de Sanidade e a Lei de Sanidade de Galicia.

O fixo ao deslizarse a non universalidade deste dereito durante a intervención da Conselleira de Sanidade no Pleno do Parlamento e en defensa da súa interpelación ao goberno respecto das prestación sanitarias e o mantemento do actual catálogo e a súa calidade.

Modesto Pose manifestou a súa preocupación porque o Presidente da Xunta, en diferentes manifestacións públicas veña insinuando que o Goberno galego tomará medidas para garantir a sostibilidade do sistema sanitario. Tamén levanta sospeitas no portavoz de Sanidade socialista a disparidade dos anuncios de Núñez Feijóo neste sentido e que cada día cambia, “un día se refira ao pago disuasorio, outro día ás receitas de pensionistas, outro día ao pago polas condicións da hostalería nos hospitais”.

En definitiva, a Pose Mesura resúltanlle anuncios máis orientados “a meter o medo no corpo dos usuarios” co fin de que “logo se acepte calquera medida”. O deputado socialista esixiu á titular de Sanidade “seriedade con estes temas”.

O parlamentario esixe á conselleira “algún traballo serio feito” sobre a repercusión de calquera medida de este tipo na asistencia sanitaria e nos Orzamentos. O socialista afirmou que o seu grupo non se nega a que se tomen medidas “para reforzar a viabilidade do sistema” e fortalecelo en época de crise, o que non está de acordo é que “se tomen medidas de trasfondo ideolóxico e se aproveite a crise para colocalas”.

Algunhas medidas ten aforro, pero non compartimos pola relación entre volume de aforro e repercusión no sistema. Así, rexeitou a pretensión de que adianten os pacientes os recursos para a prestación ortoprotésica, porque consideran os socialistas que se discute o “chocolate del loro” a xente necesitada. Propón o socialista unha mellor xestión e incrementar a inspección para evitar o fraude.

Reprochou ao Goberno de Feijóo que buscaran o aforro retirando parte do transporte sanitario urxente, “ e se o retiran todo máis aforro sería” ironizou o deputado socialista que tamén considerou que “o reducir as farmacias de garda foi sobre todo un aforro para os farmacéuticos”, en referencia á diferenza ao prexuízo que provoca aos usuarios.

Tamén recriminou que o aforro se procurase mediante a non substitución de médicos e enfermeiras durante as baixas, as vacacións ou por xubilación. Tamén criticou a medida de non pagar o salario completo durante as baixas por enfermidade. Pero, insistiu Pose, “ se presumimos ata agora de ter controlada a taxa de absentismo do persoal sanitario, non se pode poñer en marcha inmediatamente unha medida que penaliza a enfermidade”, porque isto desincentiva aos profesionais.

O portavoz de Sanidade socialista recomendou á Conselleira de Sanidade facer un “traballo ben serio”, e propuxo, como exemplo, revisar procedementos asistenciais obsoletos, especialmente nos hospitais e mellorar a atención primaria para limitar o custe de moitos procesos asistenciais. Citou tamén un informe americano que concentra nas catro enfermidades crónicas máis importantes o 75% do gasto sanitario, indicou á titular de Sanidade como senda de traballo.

Rematou Pose Mesura con dúas recomendacións: primeira, “non fale do gratis total”. A poboación sabe que non o é, replicou a Rocío Mosquera. A segunda, “O 50% do gasto público a educación e sanidade. Esquézase da liberdade de elección do hospital porque non fortalece o sistema, vai mais coa ideoloxía”.

Houbo ademais un requirimento, para que a conselleira interceda na xestión de Povisa, en Vigo, e se reduzan os 187 días por unha consulta médica.

CATÁLOGO DE MEDICAMENTOS

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista tamén reduciu a influenza no aforro a través do catálogo de medicamentos imposto pola consellería de Sanidade para o territorio galego.

Segundo fixo constar Modesto Pose, o aforro en farmacia no período 2010-2011, se cifra en Galicia nun 10,9%, mentres que en outras comunidades, como Andalucía ou Asturias, esta redución do gasto, sen o catálogo, situouse ata o 9% .

Polo tanto, conclúe o deputado socialista, como moito o devandito catálogo “puido influír nun 2,5%”. Modesto Pose esixiu á titular de Sanidade e ao grupo popular que admitiran a influencia das medidas do goberno Zapatero para a baixa de prezos, na redución do gasto, que en maior ou menor medida se dou na práctica totalidade das comunidades.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar