A Xunta apenas executa o 15,8 por cento dos orzamentos para rehabilitación de vivenda

A Xunta apenas executa o 15,8 por cento dos orzamentos para rehabilitación de vivenda

A Xunta apenas executa o 15,8 por cento dos orzamentos para rehabilitación de vivenda

A portavoz de Vivenda do Grupo Socialista, María Pierres, alertou hoxe da baixa execución das axudas para rehabilitación de vivenda da Xunta, que foi apenas do 15,8 por cento no ano 2016. Así o dixo na comparecencia da conselleira no Pleno do Parlamento para presentar plans de rehabilitación, que a responsable socialista comparou co “orballo, que nin molla nin cala, pero sérvelles de escusa para vender paraugas”.

Pierres advertiu que “nada hai que nos faga pensar que o nivel de execución deste ano vai ser mellor” que os apenas 2,16 millóns de euros que executaron o ano pasado, que supoñen “pequenas gotas de auga nunha seca tremenda”. Sinalou que a política de rehabilitación do goberno galego apenas supón o 0,024 por cento do total do orzamento, unha “tendencia a cero” que os condena “á insignificancia”.

A responsable socialista reclamoulle así “máis compromiso e dotación de orzamentos, que se mollen para permitir que Galicia volva a ser esa terra fértil onde todo medra e prospera”.

Puxo como exemplo do fracaso destas políticas o programa de rehabilitación no rural e vivendas no camiño de Santiago, onde “unhas axudas que deberan ser un incentivo e un impulso á rehabilitación se convertan nun proceso difícil de superar, de pura resistencia”. Explicou así as dificultades impostas polo goberno, obrigando a perder ata 7 meses na tramitación da axuda dun expediente de 7 meses, e 11 meses para optar a subvención.

Sinalou ademais as dificultades relativas ás “axudas e a consideración dos feitos subvencionables”. Este é o caso das “arquitecturas singulares en Galicia, que a pesares de estar nos catálogos de proteccións de plans municipais, non poden acceder a axudas por non estar incluídos en ningunha área de rehabilitación específica nin ser consideradas como BICs”.

María Pierres criticou tamén a ineficacia demostrada na rehabilitación de cascos históricos, onde “a falla de adaptación dos planeamentos dificulta o cumprimento de novas solucións construtivas ou funcionais”. Os proxectos de cascos históricos, sinalou, levan un prazo de tramitación de entre un e dous anos, debido á falla de persoal e falla de criterios claros na interpretación das intervencións permitidas.

A actuación do goberno galego, dixo, fai “de todo agás animar á rehabilitación”, cando mesmo os retrasos do financiamento das Áreas de Rehabilitación Integral por parte do goberno provocou a perda de fondos dun trienio enteiro.

O último Plan para o seu financiamento, explicou, correspondía ao período 2013-16, foi aprobado en abril de 2013 pero ata febreiro de 2014 non se deron as pautas básicas pola Xunta, en novembro daquel ano aprobouse a resolución do convenio de colaboración co Estado e ata finais de outubro de 2015 non se realizaron os convenios cos concellos, perdendo todas as axudas dos anos anteriores.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar