A Xunta anuncia unha Lei de Conciliación logo de ter 7 anos agochada a Lei do Traballo en Igualdade

A Xunta anuncia unha Lei de Conciliación logo de ter 7 anos agochada a Lei do Traballo en Igualdade

A Xunta anuncia unha Lei de Conciliación logo de ter 7 anos agochada a Lei do Traballo en Igualdade

A portavoz de Política Social e Emprego do Grupo Socialista, Noela Blanco, criticou hoxe a “descarada hipocresía política” demostrada polo conselleiro de Política Social ao anunciar unha Lei de Conciliación. A responsable socialista reclámalle que “se deixe de cantos de serea e busque no DOG, onde figura a Lei do Traballo en Igualdade aprobada polo goberno de Touriño en 2007.

Blanco achaca ao “desmedido afán publicitario” e á “mala conciencia” do goberno de Feijóo o seu repentino interese pola conciliación laboral logo de ter sete anos “gardada nun caixón” a Lei anterior co obxecto de evitar a súa aplicación.

Sinala que o goberno do PP en realidade “demostrou durante as dúas anteriores lexislaturas que carece do máis mínimo interese en aplicar medidas de conciliación, e por iso limítase a asumir cada día novas promesas incumpridas”.

Os socialistas galegos presentarán unha serie de iniciativas parlamentarias para poñer de novo en marcha a Lei de 2007 e para poñer en marcha por exemplo a posterior Guía para a elaboración de plans de igualdade nas empresas, moi oportunamente esquecida polo goberno de Feijóo.

Fenda salarial

A deputada socialista advirte da “precaria” situación das mulleres en Galicia, “presas” do traballo a tempo parcial nas ramas de actividade peor remuneradas, chegando a que “nas mesmas condicións, necesitarían que o ano tivera 460 días para cobrar o mesmo que os seus compañeiros homes”.

Engadiu que “si o que teñen é interese en loitar por superar a fenda salarial, non teñen máis que aprobar a moción que presentarán os socialistas no próximo Pleno e solicitarlle ao goberno central unha Lei de Igualdade Salarial”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar