A Xunta "aniquila" as políticas de apoio á edición en galego

A Xunta "aniquila" as políticas de apoio á edición en galego

A Xunta “aniquila” as políticas de apoio á edición en galego

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, criticou hoxe a “práctica aniquilación” das políticas da Xunta en apoio á edición en galego, provocando unha caída vertixinosa de editoriais e títulos publicados. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Cultura, na que alertou do descenso dun 75 por cento nos orzamentos destinados a libros e bibliotecas públicas dende 2010.

A responsable socialista Criticou o desleixo do goberno galego, que “continúa dende 2009 coas mesmas políticas”, e lamentou que o seu único xeito de impulsar ao mundo editorial fora recortarlles os recursos ata o límite. Así, os libros publicados en galego descenderoin un 43,8 por cento entre 2008 e 2015, cunha perda de 1.000 títulos, mentres os publicados en euskera ou catalán aumentaban.

Burgo sinalou neste sentido que o orzamento destinado á adquisición de lotes fundacionais e fondos bibliográficos pasara de 1,96 millóns de euros en 2010 a 425.000 euros en 2017. Explicou que malia o aumento de 400.000 euros nos orzamentos para este ano, a suma do resto das partidas relativas ao mundo editorial dan un balance dun incremento neto de 64.680 euros, “e así é imposible”.

A deputada socialista acusou ao goberno galego truncou o que fora un crecemento sostido que levou de publicar 187 títulos en 1980 a 2.544 en 2010 a un preocupante descenso “que continúa agora mesmo”. Esta situación foi sinalada polo Consello da Cultura de Galicia, a través do Observatorio da Cultura Galega, que alertou do descenso de publicacións nunha tendencia inversa ao mundo editorial no conxunto do Estado.

Concepción Burgo sinalou a importancia do sector editorial para as industrias culturais “e polo tanto da economía galega”, xa que supón o 2 por cento do PIB, tanto como o sector pesqueiro. Lembrou que o sector editorial foi considerado como estratéxico na Lei do Libro e da Lectura de 2006.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar