A Xunta amparou o "negocio redondo" de Banesco ao comprar NGB

A Xunta amparou o "negocio redondo" de Banesco ao comprar NGB

A Xunta amparou o "negocio redondo" de Banesco ao comprar NGB

NovaGaliciaBancoO portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, desafiou hoxe a Feijóo a demostrar a súa aposta pola transparencia entregándolle ao Parlamento os informes que xustificaron a venda de NGB a Banesco e que está a agochar dende que comezou o proceso. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei na Comisión de Economía que foi rexeitada polo PP.

O responsable socialista acusou ao presidente da Xunta de avalar e tutelar o “negocio redondo” para o grupo venezolano, que poñendo 1.000 millóns de euros, fronte aos 9.000 que pagou o FROB –e por extensión tódolos cidadáns-, xa está a recibir uns beneficios netos de 352 millóns de euros no seu primeiro ano de xestión.

Losada quere coñecer os motivos que sustentaron a dita venda acelerada, tres anos antes do prazo límite imposto por Bruxelas. O FROB, un organismo dependente do Ministerio de Economía e dirixido por altos cargos do PP, permitiu con este proceso que se volatilizaran 8.000 millóns de euros –pagaron 9.000 e só recibiron 1.000- “sen ningunha razón sustentada, motivada e pública”, segundo o deputado socialista.

Denunciou que o goberno esgrimira o informe da consultora McKinsey que recomendaba acelerar a venda cando “tódolos indicadores sinalan o contrario”, cando a situación do tecido financeiro de España mellora e a entidade obtén beneficios xa no primeiro ano. Sinalou que “a Xunta debe explicar por qué a entidade estaba ao borde da desaparición con Castellano e con Escotet ten beneficios, ou é que o primeiro era un incompetente?”.

Criticou o “engano masivo” perpetrado por Feijóo, apoiado pola daquela conselleira Marta Fernández Currás, para encetar o proceso de fusión e posterior venda das caixas galegas, que obtivo a bendición de Bruxelas e na que “todo é moi transparente pero os informes son segredo”.

Censurou ademais o “cinismo político” do goberno cando a propia Fernández Currás se remite á Comisión de Investigación das Caixas do Parlamento de Galicia para aclarar a existencia de tarxetas black na entidade galega cando o órgano está bloqueado polo propio PP.

Os socialistas reclamáronlle á Xunta que lle reclame ao Goberno central os informes técnicos que levaron a venda de NGB a Banesco, “dando traslado dos mesmos ao Parlamento e á Comisión de Investigación”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar