A Xunta ampara negocio empresarial a través da tutela de menores

A Xunta ampara negocio empresarial a través da tutela de menores

A Xunta ampara negocio empresarial a través da tutela de menores

A portavoz de Política do Grupo Socialista, Noela Blanco, acusou hoxe ao goberno galego de amparar a entidades privadas concertadas que “fan negocio a través da tutela de menores”. Así o dixo no debate na Comisión de Política Social dunha proposición non de Lei do Grupo Socialista con diversas propostas para reforzar a figura do acollemento familiar, que foi rexeitada polo PP.

A responsable socialista acusou ao goberno galego de pagar a entidades que ofrecen un servizo “en malas condicións” relaxando os niveis de control ata o punto de que “nin sequera se encargan de revisar e mirar en cómo están” e cómo atenden aos menores. A xunta, dixo, “oculta” os datos de acollemento de menores baixo tutela da administración.

Sinalou que incluso chegaron a incrementar en 2,5 millóns de euros o programa de axudas ás familias que en realidade “non está destinado a axudar ás familias acolledoras, senón que son axudas para as entidades”. Lembrou que “as familias tamén teñen gastos de luz e auga, e tamén necesitan vestir aos rapaces e darlles de comer”.

Galicia é hoxe, grazas á xestión do goberno galego, a Comunidade Autónoma con máis prazas para menores de 0 a 6 anos en centros de acollida, no sentido inverso a autonomías como Baleares, que xa non ten nenos institucionalizados. Isto sucede, explicou, cando a normativa vai na dirección de desaloxar os centros para poñer aos menores ao abrigo das familias de acollida.

Reclamou que Galicia “saia da cola nas medidas de protección e pase á vangarda das comunidades autónomas con reformas fondamente sociais e de progreso” á hora de atender aos menores con problemas familiares graves.

Advertiu que ao custe emocional “altísimo” que ten para estes rapaces e rapazas, hai que sumar o custe económico que lle supón ao goberno galego, que destina entre 1.360 e 1.580 euros por cada unha destas prazas concertadas, mentres as familias reciben como máximo ata 600 euros no caso de nenos de ata un ano acollidos.

Sinalou que ningunha familia “pretende enriquecerse” acollendo aos menores, pero chamou a afrontar unha situación que leva a familias a renunciar da súa intención de acoller por falla de recursos.

Propostas

Os socialistas galegos reclamaban reforzar as medidas de integración familiar para os menores no sistema de protección en acollemento residencial, establecer estratexias de difusión para a captación de novas familias acolledoras, que deberán poder dispoñer dos recursos públicos da Administración como apoio ao seu labor.

Tamén reclamou “equiparar os permisos de maternidade, paternidade e lactancia para as familias de acollemento segundo as circunstancias que a situación das mesmas o requira”. Presentou esta proposta logo de constatar casos de familias que logo de ter durante máis de un ano a un bebé en acollida “non disfrutaron de permiso porque a Xunta non lles asinaba o documento necesario”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar