A Xunta ampara as trabas da Confraría de Baiona á extracción de percebe a pé

A Xunta ampara as trabas da Confraría de Baiona á extracción de percebe a pé

A Xunta ampara as trabas da Confraría de Baiona á extracción de percebe a pé

O deputado socialista Julio Torrado acusou hoxe á Xunta de amparar os “impedimentos arbitrarios” postos contra a extracción de percebe pola Confraría de Baiona. Así o dixo na sesión de control ao goberno, hoxe no Pleno do Parlamento, na que criticou os impedimentos impostos aos percebeiros en forma de ameazas de sancións “sen fundamento legal”.

Torrado explicou que a normativa que regula a extracción permite que, nos casos de mal tempo, a extracción se realice a pé deixando as embarcacións amarradas, o que está a impedir o pósito, xerando inseguridade, ausencia de compradores e unha “conflitividade profunda” na Confraría.

Lembrou que este problema mesmo motivou a perda de confianza do sector dos percebeiros na actual dirección da confraría, que levou á maioría destes profesionais a asinar unha censura contra o patrón maior.

O parlamentario socialista criticou a falla de “fundamentación real nin legal” para impedir o traballo dos percebeiros, polo que aludiu a posibles intereses en dividir ao sector ou garantir que “só poida extraer unha parte”. En calquera caso, dixo, “si a norma se aplica nun só caso” en toda Galicia “a responsabilidade non debe recaer en quen quere traballar, senón en quen aplica de repente unha normativa que non existe para impedir o traballo”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar