A Xunta ameaza con represalias ao concello de Vigo mentres o hospital privado segue paralizado

A Xunta ameaza con represalias ao concello de Vigo mentres o hospital privado segue paralizado

A Xunta ameaza con represalias ao concello de Vigo mentres o hospital privado segue paralizado

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, tachou de “fracaso” a parálise do Hospital de Vigo que, hipoteticamente tiña que estar rematado dentro de seis meses. Tamén cualificou de esperpento a “ameaza, vinganza e represalia exercida pola Xunta sobre o concello de Vigo”.

A deputada socialista fixo hoxe unha interpelación en Pleno á conselleira de Sanidade para saber de qué partidas comprometidas para o Concello de Vigo vai detraer a Xunta para destinar ao hospital privado, tal e como anunciou o PP vigués. “Vai detraer das becas, do destinados a servizos sociais?, preguntou a Acuña.

Tamén se interesou a portavoz socialista pola pretensión da Consellería de Sanidade de levar ao xulgado ao concello vigués por negarse a dotar de servizos municipais a este “esperpento”, porque se nega a pagar “cinco millóns de euros dos seus veciños e veciñas” a ese “fallido hospital privado”.

Recomendou á conselleira que reconduza a súa xestión e procure solucións en lugar de confrontación co concello de Vigo. Para Acuña o Goberno pode aforrarse “a cantinela de que é público”, xa que, de ser así, “non sería preciso facer estas enganosas campañas publicitarias que vostedes pagan en mil vallas da cidade”.

Censurou que a titular de Sanidade non fose quen de revelar cando, como e con que cartos e avais se vai construír o hospital de Vigo. Recriminou a Feijóo o “empeño” que pon por facer público este hospital só por dotalo deste nome, cando en realidade “persisten no proxecto privado” cando esta obra leva parada un ano e “sen solución”.

Esixiu ao Goberno galego que explique á cidadanía de Vigo que teñan privatizado o novo hospital para que resultase “máis pequeno, máis caro e máis lento e moito máis complicado” de facer.

Pediu Acuña explicacións sobre cómo Feijóo vai castigar aos cidadáns de Vigo “por negarse a darlle os cartos públicos á empresa privada”.

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista propuxo recuperar o proxecto do novo Hospital de Vigo para sexa hospital público, tal e como se tiña aprobado o proxecto polo Goberno presidido por Pérez Touriño, “feito con cartos públicos e con xestión enteiramente pública”.

Mentres Touriño ía facer un hospital público duns 300 millóns de euros, pagado con cartos públicos, cunha superficie de 172000 metros cadrados, que tería que estar rematado no 2013, con Feijóo isto se transformou nun hospital privado de tan só 70000 metros cadrados e cun custe de máis de 1.700 millóns de euros e ademais paralizado.

A deputada socialista leu á conselleira a opinión dos facultativos vigueses en relación coa Sanidade e o sistema público privado que pretende implantar o PP. Con este novo sistema especulativo, din os profesionais da Sanidade, “a nosa saúde verase mal atendida, aumentarán as demoras, non teremos acceso a tratamento innovadores e caerán os niveis de calidade”. Recordou a deputada socialista que facultativos e usuarios volverán saír á rúa mañá, día 27 de xuño, en protesta pola situación da área sanitaria de Vigo.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar