A Xunta alardea de seguir a Wert en lugar de defender ás universidades galegas

A Xunta alardea de seguir a Wert en lugar de defender ás universidades galegas

A Xunta alardea de seguir a Wert en lugar de defender ás universidades galegas

UniversidadeO portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Francisco Caamaño, acusou hoxe ao goberno galego de “facer alarde” de seguir coa política “de ocorrencia perigosa” do ministro de Educación “para retornar ao elitismo e acabar coa democracia no coñecemento”. Así o dixo no debate dunha moción socialista para respaldar a posición dos reitores en contra da nova reforma do sistema universitario, que foi rexeitada polo PP.

Criticou o seguidismo entusiasta amosado polo goberno galego ao respaldar o novo decreto de reforma do ensino universitario que impón 3 anos de grao e 2 de máster, e que foi cuestionado polo Consello de Estado, polos sindicatos, a comunidade universitaria ou os propios reitores. Sinalou que a nova modificación encarece os estudos e converte a Universidade “nunha prolongación do bacharelato que non garante a inserción laboral.

Caamaño lembrou os informes da UE que sitúan a España como un dos países co ensino universitario mais caro, o sexto mais caro de Europa, e entre os que teñen o prezo medio de matrícula mais elevado. A particularidade, dixo, é que tódolos países teñen un prezo de matrícula semellante entre a universidade e o máster, agás España, no que o máster está un 67 por cento por enriba.

Reclamoulle ao goberno galego que respalde a posición dos 57 reitores da CRUE, que votaron a favor de paralizar a aplicación do decreto ata 2017, á espera dun novo goberno que o derrogue. Nesta posición atópanse, lembrou, os tres reitores galegos, que respaldaron a posición maioritaria do órgano.

Alardes

O responsable socialista reclamoulle ao goberno galego que utilice a súa autonomía en política educativa para opoñerse a un decreto lesivo para o conxunto do ensino universitario público. Censurou a xestión da política universitaria do goberno galego, que en lugar de amosar “inquedanza ou desacomodo” coas ocorrencias do goberno central, “fixo alarde” do seu seguimento.

Lembrou que cando Wert se achegaba á Igrexa, a Xunta respondía renovando os concertos cos centros privados que segregan por sexo, cando dixo que había que españolizar Cataluña, Feijóo gabouse de que o ministro seguira o bilingüismo cordial do goberno galego.

Cando o goberno central anunciou a redución das bolsas, o goberno galego “foi o primeiro en reducilas” mesmo contra da recomendación da OCDE de dar mais e mellores bolsas. No caso do aumento de taxas, o goberno galego “fixo un alarde mais discreto” mantendo a primeira matrícula pero incrementando desproporcionadamente as seguintes.

Ao descalabro no investimento en I+D+i e ao desmantelamento da investigación na Universidade, que expulsou a 45.000 mozos e mozas do sistema universitario de España en dous anos, Feijóo sumou “a súa propia ocorrencia agasallando aos mellores investigadores galegos cunha maleta para emigrar”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar