A Xunta aínda adebeda 400 millóns de euros de recorte ao ensino

A Xunta aínda adebeda 400 millóns de euros de recorte ao ensino

A Xunta aínda adebeda 400 millóns de euros de recorte ao ensino

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, dixo hoxe que os anuncios de investimentos “electorais” presentados hoxe polo conselleiro de Educación no Pleno do Parlamento quedan lonxe dos 400 millóns de euros recortados nos orzamentos de educación. Sinalou que “o único fin é hipnotizarnos e facernos esquecer os últimos anos”.

O deputado socialista sinalou que “en plena campaña electoral anúncialle á comunidade educativa galega que chegaron Rajoy, Feijóo e Román Rodríguez disfrazados de Melchor, Gaspar e Baltasar”. Criticou os anuncios oportunistas de hoxe logo de ter “totalmente abandonado o mantemento das instalacións en moitísimos centros educativos galegos aos que nunca fixeron caso”.

Censurou que “no tempo de desconto desta Lexislatura e en plena campaña electoral tanto aquí como no conxunto de España vén vostede a dicirnos que os males xerados pola súa falla de previsión ía ser resolto de maneira inmediata co Fondo de Obediencia e Bo Comportamento”. Así denominou ao superávit de responsabilidade do que “presume” Feijóo como alumno avantaxado e obediente do austericidio de Rajoy.

Docasar subliñou sen embargo que “criticaremos as formas, os métodos e incluso os criterios de reparto se é que os hai, pero non diremos que estas actuacións non sexan necesarias alí onde se fagan”. Reclamoulle que utilice esta nova liña de investimentos para certificar “o fin do austericidio” e da xestión “nefasta” do ensino en Galicia que ten posto en contra a toda a comunidade educativa.

Os socialistas galegos reclamaron o incremento do orzamento educativo en 600 millóns nos próximos cinco anos, así como a recuperación das eivas infraestruturais dos centros públicos e a recuperación paulatina das condicións e do número dos mestres e das bolsas educativas para garantir que ningún rapaz ou rapaza con capacidade e sen medios quede sen estudos superiores.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar