A Xunta agóchase detrás do Ministerio para impedir a dispensación da vacina contra a meninxite B

A Xunta agóchase detrás do Ministerio para impedir a dispensación da vacina contra a meninxite B

A Xunta agóchase detrás do Ministerio para impedir a dispensación da vacina contra a meninxite B

VacinaA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, acusou hoxe á conselleira de Sanidade de “agocharse detrás do Ministerio” para utilizalo como desculpa para non dispensar a vacina da meninxite tipo B en farmacias e mantela fora do calendario vacinal galego. A responsable socialista esixiulle ao goberno galego que exerza as súas competencias exclusivas en materia de sanidade e inclúa esta vacina en Galicia. Mentres tanto, esixe “que se faciliten fórmulas para dispensar a vacina nas farmacias” e permitir que os rapaces galegos e galegas poidan acceder a este recurso ao igual que o resto de Europa. Sinala que “algúns países europeos xa teñen integrado a vacina no seu calendario vacinal, como é o caso de Portugal”, onde é posible conseguila nas farmacias mentres en Galicia e no resto de España é vetada de xeito incomprensible. Isto provoca que “os galegos e galegas acoden con demasiada frecuencia ao país veciño a mercala sen o debido e desexable control sanitario”. Ademais, engade, algúns centros hospitalarios privados de Galicia dispoñen das doses “por estar neste momento reservada ao uso hospitalario, o que xera falta de equidade e afonda no descontrol sanitario da mesma”. Acuña anunciou unha batería de iniciativas parlamentarias nas que insta á Xunta a incluír a vacina no calendario, facilitar a súa distribución a través das farmacias e “que levar ao Consello Interterritorial de Sanidade a proposta da inclusión desta vacina en tódalas comunidades autónomas do Estado”. Potencialmente mortal Lembrou que esta enfermidade resulta potencialmente mortal con incidencia especialmente entre os rapaces de 2 a 3 anos de idade. Explicou que cada ano en Galicia entre 25 e 30 nenos e nenas padecen esta enfermidade -sen ter en conta picos epidémicos-, dos cales 2 morren e entre 6 e 9 sobreviven con graves secuelas. Explicou a especial importancia da retirada da prohibición da súa venda e a incorporación ao calendario oficial por canto “España é o país de Europa con maior incidencia desta enfermidade, e Galicia é –xunto con Cantabria e Ceuta- a Comunidade Autónoma con maior incidencia do Estado”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar