A Xunta agocha os supostos proxectos enviados ao Goberno central para ser incluídos no Plan Juncker

A Xunta agocha os supostos proxectos enviados ao Goberno central para ser incluídos no Plan Juncker

A Xunta agocha os supostos proxectos enviados ao Goberno central para ser incluídos no Plan Juncker

naval-feneO portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, acusou hoxe ao goberno e ao PP de agochar os proxectos supostamente presentados polo goberno galego ao Estado para ser incluídos no Plan Juncker de estímulo económico anunciado pola UE. Así o dixo no debate dunha moción socialista para reclamar estes documentos que foi rexeitada polo PP.

O responsable socialista advertiu que a negativa do goberno e do PP só pode significar que “ou ben os proxectos non existen ou son unha barrabasada” que non queren facer pública. Lembrou que foi o propio conselleiro quen anunciou ter remitido xa ao goberno central a lista de proxectos que o goberno galego quere incluír no dito plan de estímulo, e a continuación foron solicitados pola vía formal polos socialistas.

O goberno deu a calada por resposta, polo que os socialistas presentaron unha moción para reclamarlle ao goberno galego a relación dos proxectos supostamente presentados pola Xunta para ser incluídos no financiamento vinculado ao Plan de Estímulo á Economía Europea, coñecido como “Plan Juncker”.

Losada solicitou tamén os informes técnicos nos que se baseou a elección dos ditos proxectos, incluíno a súa previsión temporal de investimentos e a creación de emprego prevista.

Lamentou que o goberno galego teña adoptado “como sistema” o de agochar os seus proxectos estratéxicos ao Parlamento, impedindo de facto que a oposición faga calquera tipo de aportación dende o “malogrado Plan Xeral 2010 – 2014” da Consellería de Facenda.

O responsable socialista reclamoulle de novo á Xunta que traballe para captar fondos do Plan, malia que teña pasado dun investimento inicial de 300.000 millóns de euros en tres anos a tan só 21.000, dos cales a España deberan corresponderlle 2.000 e a Galicia algo mais de 100.

Planificación Económica de Galicia

O responsable socialista reclamou tamén que o goberno entregue no Parlamento, nun máximo de 3 meses, os mecanismos polos que ditos proxectos se incluirán no Plan de Planificación Económica 2015 – 2020 anunciado polo goberno galego, un Plan que deberá ser enviado ao Parlamento “para que os grupos parlamentarios podan facer as achegas que consideren oportunas”.

Ademais, demandoulle ao Goberno central que defenda a necesidade de garantir que os investimentos comprometidos ao amparo do Plan Juncker “non computen no déficit público dos estados e polo tanto queden fora dos mecanismos de condicionalidade macroeconómica”. Reclamou así mesmo incrementar os fondos públicos do Mecanismo Europeo de Estabilidade e do BEI destinados a dito plan.

Finalmente, demandoulle ao Estado que incremente as achegas propias ao plan ata os 6.000 millóns de euros, para acadar o importe “per cápita” que aportan países con desequilibrios económicos semellantes aos de España.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar