A Xunta agocha un terzo da súa administración paralela

A Xunta agocha un terzo da súa administración paralela

A Xunta agocha un terzo da súa administración paralela

Méndez RomeuO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, criticou hoxe o descontrol financeiro de gran parte da administración paralela da que participa o goberno galego. O responsable socialista presentou unha pregunta na Comisión de Economía na que constatou que, de acordo co Ministerio de Facenda, un terzo da administración é opaca e non hai coñecemento das achegas do goberno galego ou da participación nos seus órganos de goberno. Méndez Romeu criticou que os datos oficiais, que presentan tanto o Ministerio de Facenda como o propio Consello de Contas, contradín o discurso oficial do goberno galego sobre o seu recorrente esforzo de supresión de organismos autónomos. Así, de un total de 153 entidades rexistradas no último exercicio, o Ministerio carece de información dun total de 51 delas. O propio Consello de Contas, no seu informe

correspondente ao ano 2012, sinala que dos 102 organismos que ten recoñecidos, non renderon contas 16 entidades no ano 2011 e 18 en 2012. Algún dos que eluden o control do ente fiscalizador son “organismos visibles como a Fundación Galicia Europa, o Instituto Feiral da Coruña, a Fundación Semana Verde ou os consorcios territoriais de salvamento e emerxencias”. En contra do discurso do goberno galego, Méndez Romeu salientou o “medre incesante” de entidades coa creación de 8 novas axencias públicas, entre outros organismos distintos. Ademais, apuntou que de acordo co Ministerio de Facenda, a redución de entes públicos por parte da Xunta é de tan só o 1 por cento do Estado, e o Consello de Contas estima que o aforro orzamentario foi de tan só o 3,43 por cento. Incumprimento da Lofaxga O informe advirte que o goberno galego continúa incumprindo o mandato da Lei de Organización e Funcionamento da Administración, que obriga a presentar un rexistro de entidades. A efectos prácticos, isto imposibilita facer un seguimento de entes que varíen a participación da administración autonómica, como é o caso das a lo menos 3 Fundacións de Investigacións Sanitaria, ou os centros tecnolóxicos. Tampouco existe coñecemento por parte do ente, e polo tanto do Parlamento, de entes participados polo goberno a título minoritario, como o caso das sociedades mercantís, consorcios ou fundacións. Citou casos como o da Estación de Inverno de Manzaneda, a Fundación Instituto Feiral da Coruña, o Centro Tecnolóxico e Agroalimentario de Lugo, a Fundación Sotavento, que Feijóo foi a presentar a México, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións Gradiant, a Fundación Camilo José Cela ou o Centro Oncolóxico.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar