A Xunta agocha o seu desleixo nos lumes forestais culpando aos concellos

A Xunta agocha o seu desleixo nos lumes forestais culpando aos concellos

A Xunta agocha o seu desleixo nos lumes forestais culpando aos concellos

incendio-xurésA deputada socialista Noela Blanco criticou que a única reacción da Xunta diante da vaga de lumes que asolou Ourense neste verán sexa precisamente responsabilizar aos concellos. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Medio Ambiente do Parlamento, na que criticou que a única estratexia do goberno radique en “agochar o seu desleixo”.

A responsable socialista criticou que o Goberno teña responsabilizado en concreto ao concello de Calvos de Randín do lume que este verán calcinou 150 hectáreas do Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés, cando “nin sequera durante o lume intentaron coordinarse co concello”.

Acusou ao goberno galego de “tentar por tódolos medios de eludir responsabilidades”, como fixeron ao traspasarlle aos concellos a contratación das brigadas de prevención e extinción en 2013, cando “deberan estar baixo un mando único e depender da Consellería de Medio Rural”.

Como resultado desta política do goberno galego, as 30.000 hectáreas do Parque Natural do Xurés tan só contan cunha brigada e as pistas forestais están sen limpar porque segundo a Xunta, se non se encargan os concellos, “quedan sen limpar”. Lembrou que o persoal técnico propuxo o desbroce do Couto Mixto e do parque hai tres anos, unha actuación que “nunca se chegou a realizar porque nunca tivo orzamento.

Ademais, Blanco lembrou que o Parque estivo durante meses coa maquinaria de loita contraincendios avariada, e o Concello, que solicitara dúas brigadas, só tivo unha delas, xa que a segunda non estivo operativa ata o 31 de agosto, un mes despois do lume.

Mirar para outro lado

A actuación e a responsabilidade do goberno galego con este lume tan só é unha mostra das consecuencias da política de”mirar para outro lado e facer oídos xordos” da Xunta mentres Ourense ve cómo arde o Macizo Central, Cualedro, a Ribeira Sacra, Palmés, Cudeiro, Boborás, Carballiño, Vilamartín ou Pena Trevinca, entre outros, provocando “unha perda ecolóxica, económica e social inasumible”.

Noela Blanco citou precisamente un informe do propio secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández – Couto, que respondeu hoxe na Comisión, e que cando gobernaban o PSdeG e o BNG consideraba “non previsible que os responsables do servizo non foran capaces de reaccionar vendo a previsión meteorolóxica”.

A deputada socialista reclamou o cambio urxente do modelo de prevención de lumes, adaptando unha política forestal sostible, que incida sobre a necesaria reordenación dos montes, que teña como obxectivo o aproveitamento sostible dos mesmos, na que prime a prevención fronte á extinción e na que haxa suficientes efectivos dedicados á investigación, ademais dun plan específico de prevención e extinción para zonas de especial protección.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar