A Xunta agocha a entrega da xestión dos centros públicos a empresas afíns

A Xunta agocha a entrega da xestión dos centros públicos a empresas afíns

A Xunta agocha a entrega da xestión dos centros públicos a empresas afíns

Carmen GallegoA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, denunciou “xestión opaca na apertura dos centros, na súa xestión e na súa privatización” por parte do goberno galego. Gallego presentou unha interpelación na que acusou á Xunta de entregarlle a xestión dos centros a empresas afíns.

Gallego acusou ao presidente da Xunta e á conselleira de Traballo e Benestar de enganar cos anuncios de centros e prazas públicas creados polo goberno galego. A realidade, dixo, é que dos 38 centros de Día, fogares residenciais e centros de Alzheimer abertos “como moito foi xestionado polo goberno de Feijóo o de Lourenzá”, mentres das 58 escolas infantís tan só lle corresponden as catro de Alfoz, Sobrado dos Monxes, Curtis e Vilalba.

A responsable socialista acusou a Feijóo de arrogarse os centros xestionados polo goberno socialista, aos que tivo que pagar con cartos públicos “por estar pechados, por abrir con moitísimo retraso ou por non ocupar prazas de persoas dependentes que as precisan”.

Denunciou que o goberno galego “escolle a externalización fronte á xestión propia e directa, xa que “todos os centros abertos dende 2009 co actual goberno” recaeron sobre a xestión privada, agás os de Sada, Cerceda e Muros. A Xunta, engadiu, “privatizou a súa construción e tamén a súa xestión, e ralentizou ata extremos insoportables a apertura de moitos dos centos por ineficacia e para atribuírse a súa autoría”.

Criticou o “despilfarro e mala xestión” do goberno galego, que xa “leva devorados nada menos que un millón de euros de recursos públicos” por decisión dunha Consellería que “persiste no erro” e “convoca as contratacións onde as empresas poden cobrar por prazas que non se ocupan e segue adiando e paralizando a apertura de centros” como os de Carballiño, Redondela, Valdeorras e outros.

Explicou que as empresas beneficiadas por estas paralizacións son a Fundación de Estudos e Análises, Fesan, relacionada co Opus Dei e con informes negativos por malos tratos ou baixa cualificación do persoal, Troncoso Servizos Sanitarios, xestionada por un alto cargo da Xunta na época de Fraga implicada en varios procesos xudiciais, e a UTE SIAD 24 Galicia, S.L.

Mentres os centros padecen os recortes do goberno galego, que impiden mesmo o mantemento mínimo pola falla de recursos, o goberno galego destina 11 millóns de euros para que unha empresa privada abra a residencia de Bóveda.

Empresas afíns

Carmen Gallego sinalou que, das 28 adxudicacións para a xestión de centros tramitadas pola Consellería de Traballo dende 2012 ata este ano, “ningunha foi concedida á xestión directa da Xunta ou a través do Consorcio Galego de Benestar, 18 foron concedidas a empresas privadas e 10 a entidades de iniciativa social”.

Entre as empresas beneficiarias, “repítense” a presenza de Geriatros, a empresa que se quedou cos centros da antigua Sogareso en 2010, Eulen, empresa que na súa delegación en Galicia está dirixida pola irmá de Feijóo, Doral Residencias, empresa inmobiliaria que se fixo coas prazas de Vigo de atención a persoas discapacitadas que estaba a xestionar San Francisco, e a anteriormente citada Troncoso.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar