A Xunta aforra provocando "mais pobreza, mais paro e mais desigualdade"

A Xunta aforra provocando "mais pobreza, mais paro e mais desigualdade"

A Xunta aforra provocando "mais pobreza, mais paro e mais desigualdade"

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou á Xunta de “aforrar cos recortes que conducen a máis pobreza, máis paro e máis desigualdade”. Acusou á Xunta e ao PP de “castigar a necesidade” logo de que rexeitaran no Pleno Parlamento unha iniciativa socialista para aprobar unha Lei que garanta os dereitos de persoas en risco de exclusión social.

A responsable socialista dixo, na presentación desta Proposición non de Lei, que a situación provocada polas políticas da dereita é “inxusta, inmoral, agranda as desigualdades sociais e convértese en insostible economicamente”. Explicou así que o suposto aforro con recortes en políticas sociais provocará a medio e longo prazo que “teñamos que pagar por volver a pechar a fenda social que se abre con esta crise”.

Gallego desmentiu que o PP teña presentado os orzamentos mais sociais, e puntualizou que “o certo é que Feijóo empobrece cada vez mais aos galegos e galegas e vai pasar á historia como o presidente que mais endebedou a Galicia”. Lembrou que actualmente a xunta ten que pagara cada ano 834 millóns de euros só para amortizar a débeda asumida por Feijóo mentres “incrementa cada mes as cifras de exclusión social e de pobreza”.

A parlamentaria socialista reclamoulle ao goberno galego que presentara nun prazo de 6 meses unha Lei que garanta “de xeito real e efectivo, os dereitos sociais das persoas que nun determinado momento vital poidan estar en risco de exclusión social”.

Os socialistas galegos esixiron “obrigas precisas para os aportes orzamentarios anuais”, incluíndo o aval de gobernos locais e entidades sociais que forman parte da loita contra a pobreza, así como a atención especial e prioritaria á infancia, ademais de “medidas especiais para o ámbito rural, un plan para as persoas sen fogar e apoio ás familias con escasos recursos”.

Gallego reclamáralle hoxe á Xunta que situara como prioridade política absoluta “o incremento dos niveis de protección social e a redución da exclusión social nas persoas mais vulnerables”, así como cumprir o mandato no Pacto Galego contra a pobreza asinado polos grupos parlamentarios na pasada lexislatura.

A parlamentaria socialista denunciou o “alarmante descenso nos niveis de protección social”, que levou a que en xaneiro de 2013 os datos estatísticos indicaran que 90.100 familias galegas teñen a tódolos membros en paro e en mais de 30.000 fogares non entra ningún ingreso.

Exclusión social

Ademais, o número de persoas en risco de exclusión social superaban as 660.000 en 2011, de acordo coa Rede Galega contra Pobreza, tantas como a poboación das provincias de Lugo e Ourense ao completo, si ben “considerando os recortes adoptados nos últimos anos e o incremento do desemprego, hoxe o panorama é mais desolador”.

Advertiu que malia esta dramática situación, o gasto público en política social continuou sendo diminuído polo goberno de Feijóo, recortando 283 millóns de euros en protección e promoción social, 739 en educación ou os 847 da sanidade, a estes súmanse decisións como a supresión da gratuidade dos libros de texto, o copago nos medicamentos para pensionistas, ou a supresión de 400 fármacos do financiamento público.

Ademais, dende outono pasado, a Xunta deixou arredor de 20.000 persoas fóra do sistema público de saúde, mentres 2013 comeza coa decisión do goberno central de non actualizar o IPC nas pensións, malia que en Galicia son as mais baixas do Estado. Ademais, foron eliminadas as bonificacións na cotización á Seguridade Social dos coidadores de dependentes.

A Xunta presidida por Feijóo no tivo rubor, engade, en desmantelar o Plan concertado de prestación de servizos sociais a través dos concellos, mentres “deixa morrer por inanición a Lei de Autonomía Persoal” impedindo o acceso a milleiros de persoas con dependencia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar