A Xunta aforra no coidado e atención educativa aos nenos e nenas con máis necesidades

A Xunta aforra no coidado e atención educativa aos nenos e nenas con máis necesidades

A Xunta aforra no coidado e atención educativa aos nenos e nenas con máis necesidades

Preescolar_na_casaO portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, reclamoulle hoxe ao goberno galego “xustiza e sensibilidade” para os nenos con necesidades educativas especiais e enfermidades crónicas que se atopan escolarizados nos centros educativos ordinarios. Docasar presentou unha proposición non de Lei para que o goberno “habilite as medidas necesarias” para atender a estes rapaces e rapazas.

Docasar considerou “indecente” que o goberno galego “aforre no coidado e atención dos nenos e nenas con máis necesidades” e citou os casos de dous rapaces, un de Culleredo cun Trastorno de Espectro Autista –TEA- e outro de Cambre con diabete mellitus 1.

Sinalou que estes rapaces carecen da atención mínima, sen profesionais con capacidade de afrontar o caso de diabete e, no caso con TEA, nun centro con só 4 docentes especialistas e unha orientadora para 50 nenos e nenas dun colectivo de 400.

O responsable socialista criticou que o goberno galego sexa “rácano na atención ás persoas máis necesitadas de axuda”, e que son os que mais padecen os recortes de máis de 400 millóns de euros e amortizado máis de 2.200 prazas de profesores e profesoras en tan só 6 anos de goberno de Feijóo.

Advertiu que “non resulta crible pensar que se pode mellorar a atención ao noso alumnado minorando irresponsablemente os programas de reforzo e atención á diversidade ou sen ter modificado unha orde tremendamente inxusta e discriminatoria cos nenos e nenas con necesidades educativas especiais”.

Vicente Docasar dixo que “é hora de atender as individualidades das persoas e conseguir que os profesionais do ensino poidan facer o seu traballo con calidade e garantir que o ensino sexa por fin de todos e todas”. Chamou a “preservar a equidade” do sistema educativo “defendendo con uñas e dentes un sistema equitativo, universal e de calidade, e para facelo fan falta medios humanos e materiais”.

Docasar reclamoulle ao goberno galego que “de forma inmediata se habiliten as medidas necesarias para poder prestar os coidados que sexan necesarios, durante o horario escolar, a aqueles menores que padezan algunha patoloxía crónica e así o precisen”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar