A Xunta adía a finais de ano as correccións ao PDR e paraliza millóns de euros en axudas

A Xunta adía a finais de ano as correccións ao PDR e paraliza millóns de euros en axudas

A Xunta adía a finais de ano as correccións ao PDR e paraliza millóns de euros en axudas

vacasO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, acusou hoxe á Xunta de paralizar deliberadamente os proxectos que dependen do financiamento contemplado no Plan de Desenvolvemento Rural ao renunciar a corrixilo ata fin de ano. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Agricultura celebrada hoxe no Parlamento.

O responsable socialista lembrou que o dito PDR foi devolto por Bruxelas hai xa 7 meses por incumprir co principio do partenariado, que contempla a participación do sector na súa elaboración. Amosou a súa sorpresa por que o goberno galego teña decidido adiar ata final de ano a remisión do PDR coas modificacións esixidas, deixando sen fondos a tódolos proxectos que dependen del.

García lembrou que a Comisión Europea vén de aprobar 24 Plans remitidos por outras tantas rexións nun prazo de menos de un mes, mentres o goberno galego “deixa pasar o tempo ata que se esgoten os fondos dispoñibles e os proxectos queden paralizados”. Ironizou sobre o feito de que “o resto das rexións son idiotas, nós somos os listos porque así non temos que facer novos proxectos e podemos agardar a quedar sen cartos”.

Lembrou casos como o PDR de A Estrada, cos proxectos “amontonados dende hai ano e medio” que levan bloqueados, ou aqueles concellos que teñen que desmantelar os grupos de actuación, os proxectos conxelados ou o persoal que xa foi despedido “porque os concellos non manteñen os grupos cando se acaba o presuposto”.

Criticou a falla de visión do goberno galego, que “incumpre o principio do partenariado porque non saben o que é, non sabían que esixe convocatorias por territorios e por zonas, e constitúe un proceso complicado e laborioso que require un dinamismo e unha iniciativa política da que vostedes carecen”.

Acusou á Xunta de tomarse “a pitorreo” unha liña de axuda procedente da UE que suporá nada menos que o financiamento de 889 millóns de euros ata 2020. Criticou a falla de iniciativa do goberno galego, que leva sete meses co proxecto devolto sobre a mesa e sabendo que ten que refacelo dende cero, entre outras cousas por non pactalo co sector, tal e como os socialistas galegos viñeron advertindo dende o comezo.

Plan leite

O deputado socialista lamentou ademais o veto, na mesma Comisión de Agricultura, dunha proposición non de Lei do Grupo Socialista, para consensuar o sector do leite un plan “para abordar o incremento e a diversificación da elaboración de produtos lácteos en Galicia”.

Pablo García critica que o goberno galego “rexeite expresamente sentarse co sector” para buscar vieiros que permitan superar o déficit de comercialización e diversificación do produto.

Advertiu que Galicia, a pesares de ser un dos maiores produtores de leite do Estado, mantén o sector a duras penas ao destinar a inmensa maioría do produto a leite sen elaborar destinado ademais ás marcas brancas, o que fai “imposible que obteñamos un bo prezo de venda mentres non invirtamos a situación”. Considerou algo inaudito que o Partido Popular se opoña a algo tan lóxico e tan necesario para este país.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar