A Xunta adebeda 1,2 millóns de euros aos concellos para o mantemento dos Grumir

A Xunta adebeda 1,2 millóns de euros aos concellos para o mantemento dos Grumir

A Xunta adebeda 1,2 millóns de euros aos concellos para o mantemento dos Grumir

Sonia Verdes advirte que o Goberno galego vai deixar “indefensos” aos concellos reducindo os grupos de 48 a 22 e eliminando un total de 500 efectivos

A portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Sonia Verdes, sinalou que a Xunta adebeda aos concellos 1,2 millóns de euros para o mantemento dos grupos municipais de intervención rápida –Grumir-. Así o dixo nunha pregunta ao goberno en Comisión, na que acusou á Xunta de deixar “indefensos” aos concellos limitando os grumires de 48 a 22 e suprimindo 500 efectivos.

Verdes apuntou que a Xunta “constata que o conselleiro de Presidencia mentiu e que o Goberno galego non cumpriu porque aínda adebedan os 1,2 millóns de euros” que o conselleiro comprometera no pasado mes de febreiro. Dixo que en lugar de fomentar uns grumires estables, a Xunta está a recortarlles os orzamentos e os dispositivos, que resultan imposibles de asumir durante mais tempo polos propios concellos.

Lembrou que estes grupos prestan os seus servizos en situación de emerxencia e que, ata a chegada do PP á Xunta, participaban prestando labores de prevención de incendios e participan na extinción de incendios integrándose no dispositivo baixo o mando único que establece o Pladiga. Advertiu que a estratexia de Feijóo e do conselleiro Rueda foi “non asinar os convenios cos concellos para o mantemento dos Grumir estables”.

Advertiu que a Xunta incumpriu o Pacto Local, obrigando aos concellos a asumir os custes do servizo, mentres continuaban cos recortes nas medidas de prevención de incendios e avanzaban no desmantelamento do dispositivo de extinción de incendios. O goberno ten “diezmado” o dispositivo ao non cubrir as baixas, co que “sobraban motobombas e faltaban motobombistas” mentres os brigadistas se xogaban a vida nos montes.

Incompetencia e inseguridade

Dixo que mentres recortan os orzamentos e negan as axudas aos concellos, cárganos con competencias do Goberno galego, obrigándoos a asumir as funcións dos parques de bombeiros “e polo tanto non van participar na extinción de incendios forestais”. Criticou a “incompetencia e irresponsabilidade” do Goberno de Feijóo porque “coa escusa da falsa austeridade recortan prestacións aos veciños poñendo en risco a súa seguridade”.

Sinalou que “o goberno galego é quen ten as competencias para garantir a defensa fronte aos lumes que lles atribúe o Estatuto e a Lei de Incendios, e ten a responsabilidade de protexer os nosos montes e as propiedades dos veciños e veciñas e de garantir a seguridade das persoas”. Denunciou que “levan mais de 3 anos facendo desleixo das súas competencias, recortando e desmantelando as medidas de prevención e extinción”.

Lembrou que mentres durante tres anos a Xunta recortou 22 millóns de euros na prevención de incendios, os concellos tiñan que manter os dispositivos de reforzo no outono do ano pasado porque a Xunta daba a campaña por pechada “mentres a vaga de lumes arrasaba mais de 20.000 hectáreas en Ourense, elevando a 36.400 as hectáreas de monte calcinado no peor ano dende 2007”.

Ademais, suprimiron os convenios para a protección de núcleos e “a día de hoxe os brigadistas de Seaga seguen sen incorporarse ao dispositivo” e “aínda non asinaron os convenios cos concellos para desbroces preventivos nos camiños”. Explicou que neste ano volveron a recortar 440.000 euros nas ordes de axuda para a prevención de incendios, e recortaron outros 3,7 millóns de euros no dispositivo.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar